A guerra anglo-persa foi un conflito militar que enfrontou ó Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e Persia (que era nese momento gobernada pola dinastía Qajar), que durou dende o 1 de novembro de 1856 até o 4 de abril de 1857. Durante a guerra, os británicos opuxéronse a un intento de Persia de rescatar a cidade de Herat. A pesar de que Herat era parte de Persia baixo a dinastía Qajar, no intre en que estourou a guerra era parte do oeste de Afganistán (Afganistán era daquela unha entidade moi feble). A campaña levouse a cabo con éxito para os británicos, baixo a dirección do xeneral sir James Outram en dous escenarios: a costa sur de Persia, preto de Bushehr e o sur de Mesopotamia (o nome antigo para a rexión e anterior á formación da nación de Iraq). Como resultado da guerra, Persia retirouse de Herat e asinou un novo tratado no que rendeu as súas pretensións sobre a cidade.
Véxase tamén Bibliografía English, Barbara. 1971. John Company's Last War. Londres: Collins. Hunt, Capt. G. H. e George Townsend. 1858. Outram & Havelock's Persian Campaign. Londres: G. Routledge & Co. Outram, Lieut. General Sir James. 1860. Lieut.-General Sir James Outram's Persian Campaign in 1857. Londres: Smith, Elder and Co. Walpole, Sir Spencer. 1912. A History of England from the Conclusion of the Great War in 1815. Londres: Longmans, Green, and Co. (vol. VI, pp. 266–273)
Ligazóns externas Guerra persa Regiment Site
Categoría:1856 Categoría:1857 Categoría:Guerras do século XIX Categoría:Guerras nas que participou Persia Categoría:Guerras nas que participou Afganistán Categoría:Guerras nas que participou o Reino Unido