John Quentin Hejduk, nado o 19 de xullo de 1929 en Nova York e finado o 3 de xullo de 2000 ibídem, foi un arquitecto e profesor estadounidense.

Traxectoria Estudou na Cooper Union for the Advancement of Science and Art de Nova York dende 1947 ata 1950 e na Universidade de Cincinnati, Ohio, dende o 50 ata o 52. En 1953 Obtivo a mestría na Harvard University's Graduate School of Design. No ano 1954 consegue a bolsa Fulbright que lle permite asistir as clases de Pier Luigi Nervi en Roma.

Foi docente da Universidade de Texas, en Austin, para logo volver a Nova York en 1956. Comezou a ensinar en 1964 na Cooper Union, da que foi reitor dende 1975 ata a súa xubilación no ano 2000.

Integrou, xunto con Eisenman, Meier, Graves e Gwathmey, o grupo Os cinco de Nova York (ou Os Brancos, pola cor predominante nas súas obras), sendo el o máis vangardista de todos eles, tomando a obra de Theo van Doesburg como inspiración.Artigo Richard Meier da Microsoft Encarta 2009 Biblioteca Premium.

A maior parte do seu traballo foi teórico, baixo a forma de complexos debuxos poéticos. Eses deseños foron recollidos en máis de vinte libros.

Cultivou a poesía, publicando, entre outros poemarios, Such Places As Memory: Poems 1953-1996.Places As Memory: Poems 1953-1996 vista previa en Google Books.

En 1979 foi designado membro do Instituto Americano de Arquitectura.

Hejduk en Galicia

En Galicia existen dúas obras do arquitecto, o Centro Sociocultural da Trisca e as Torres Hejduk en Santiago de Compostela. Hejduk non chegou a ver rematadas ningunha das dúas. O edificio da Trisca foi inaugurado no ano 2003. Por outra banda as torres que levan o seu nome e que agora están situadas na Cidade da Cultura foron deseñadas nos primeiros anos noventa para ser situadas no parque de Belvís; alí a torre acristalada tería función de invernadoiro e a de pedra sería un espazo multiúsos, pero pouco antes de que se construísen cancelouse o proxecto ao considerarse moi agresivas coa contorna da cidade vella. Deste xeito as torres permaneceron esquecidas ata que no ano 2000 o seu colega Peter Eisenman gañou o concurso para a construción da Cidade da Cultura e como homenaxe póstuma ó seu compañeiro decidiu incorporar as torres ao proxecto do monte Gaiás, inaugurado no 2011.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Artigo Hejduk, John Quentin da Encyclopædia Britannica 2009 Student and Home Edition (en inglés). Artigo HEJDUK, JOHN (1929- ) da Enciclopedia Universal Micronet, 2006 (en castelán, en DVD). Five architects: Eisenman, Graves, Gwathmey, Hejduk, Meier, 1971, 137 páx (traducido a varias linguas). HEJDUK, J.; Víctimas, Colegio Oficial de Arquitectos de Murcia, 1993, 144 páx .

Outros artigos Torres Tributo a John Hejduk Ligazóns externas Entrada Hejduk, John (Nova York 1929 - 3-7-2000) na EGU (en liña).

Categoría:Arquitectos dos Estados Unidos de América do século XIX Categoría:Alumnos da Cooper Union Categoría:Nados en 1929 Categoría:Finados en 2000 Categoría:Nados en Nova York