miniatura|dereita|A abeluria ou herba de san Xoán. miniatura|dereita|O fento macho. miniatura|dereita|Romeu, unha das herbas de san Xoán.
As herbas de san Xoán son as diferentes plantas, herbas, flores e follas, recendentes ou non, normalmente medicinais, apañadas na véspera de san Xoán que, xunto á auga e o lume, forman parte dos ritos e tradicións pagás galegas e doutras culturas europeas desa noite.
Segundo a tradición e crenzas populares a auga destas sete herbas deixadas ao orballo na noite de san Xoán posúe propiedades máxicas. Se xa as posúen en calquera momento do ano, nesta noite atribúeselles un poder especial polo vigor engadido que lles dá a forza do solsticio e do verán e mais pola forza do orballo desta noite.
Orixe As orixes remóntanse ás celebracións pagás do solsticio de verán. As tradicións populares non asumidas polo cristianismo foron combatidas por Martiño Dumiense, bispo de Braga no século VI, que non puido impedir que estas tradicións chegasen a hoxe en día: o lume e ir a pola auga de sete fontes para facer o cacho (auga de herbas) e así afastar o mal de ollo, as meigas e as envexasRíos galegos: http://www.rios-galegos.com/sanxoan.htm#HERBAS E CACHOS..
Especies Resulta difícil establecer a listaxe das herbas que se han considerar como herbas de san Xoán, xa que se comproba unha gran variabilidade ao longo de Galiza. Si que se adoita dar a cifra de sete herbas diferentes Nótese: sete herbas, sete saltos sobre o lume, beber de sete fontes, recibir sete ondas do mar..
Taboada Chivite recolle unha longa relación, entre as que están: Fiúncho, herba de obriga, corre os malos espíritos e é especial contra o mal de ollo. Como menciña é efectiva contra as inflamacións de ollos, a asma e as más dixestións. Fento macho, é un fento velenoso. En xeral é un antiparasito, era moi apreciado contra as tenias. As lendas galegas e británicas din que pola noite de san Xoán bota flor; xustamente a medianoite. Codeso, é un arbusto sagrado para os galegos. É tóxica para o gando. Utilizábase para facer lume, e como é unha Genisteae (tribo á que tamén pertencen as xestas) utilizábase para facer vasoiras e varrer a casa dos malos espíritos. Abeloura ou herba de san Xoán. Empregábase na menciña tradicional coma cicatrizante, adstrinxente e antiséptica. O refraneiro di que "A herba de san Xoán limpa a cara de grans". Está considerada como unha planta especial contra o demo. Malva, serve contra a bronquite, afeccións dixestivas, nervios etc. O refrán di "Cun horto e un malvar hai menciñas para un fogar".Ríos galegos -http://www.rios-galegos.com/sanxoan.htm#MALVA. Romeu. Aínda que bravo non abunda en Galiza, empregábase na menciña tradicional contra a reuma, a artrite, trastornos do sistema circulatorio, depresión, dores de gorxa etc. Crese que o romeu realmente é a herba que protexe e purifica os fogares galegos por excelencia. Herba luísa, de orixe americana, empregouse en Galiza coma medicinal dende que chegou das Américas. É moi boa para as dores de estómago e barriga, gases e dores de cabeza. É tamén unha herba especial para os amoríos. Asóciase coas troulas e esmorgas.
Tamén se empregan coma herbas de san Xoán: Dedaleira ou estraloque, é a planta galega con máis nomes. É velenosa, contén unha droga que fai latexar o corazón máis de presa. Por isto é moi utilizada para afeccións de corazón e tamén para os ouriños. Considérase máxica, disque escorrenta as bruxas e as desgrazas se se pon na porta a noite de san Xoán. Trobisco (Daphne gnidium), arbusto cuxas follas esmagadas son moi velenosas para as troitas e peixes. Xa o cita C. Gasquoine Hartley, cando no 1911 escribiu o libro "Un verán en Galicia" , publicado por Galaxia. A presenza, sobre todo nas súas bagas dunha resina, a mezerina, e outro composto a daphnetina, de alto poder tóxico para persoas e animais, non impediu que esta planta se utilizase polo ser humano para outras fins: en cosmética úsanse as follas para fabricar un ungüento que tinxe os cabelos de negro e elimina a caspa; o poder vesicante das follas utilizase para as feridas.Tamén se utilizaba para sandar as orellas unha vez que se facía o burato para os pendentes. Tamén como como insecticida, para matar piollos, formigas, e chinches. Espadana. Herba de Nosa Señora ou artemisa (Artemisa vulgaris), Macela ou matricaria, ten moitas propiedades medicinais. Herba punteira ou sempreviva dos tellados (Sempervivum tectorum), Roseira brava, é medicinal. Follas de: Sabugueiro, Arbusto moi medicinal e considerado sagrado polos celtas. As flores , bagas e casca teñen moitos usos domésticos como purgantes, insecticidas, para facer inhalacións, tinturas etc. nogueira, ten multitude de propiedades medicinais. Recoméndase coller a folla con tres noces. Amieiro, a árbore sagrada dos ríos galegos. Hedra, considerada planta sagrada do calendario celta. Carballo, a árbore sagrada de Galiza e moitas outras cultura europeas. Visgo, considerada planta sagrada do calendario celta. Outras herbas son: tomiño, folla de cana, ruda, hortelá, mentraste, estraloque, herba lemona, ourego, loureiro, verxebán, allo, herba do Carme, silveira, folla de figueira, folla de umeiro, folla de laranxeira, hortensia, folla de viña branca, arzais, rosas de nabo, ágramo, herbas de san Pedro; rosas de sábrego; poutas de lobo, follas de castiñeiro, árnica falsa entre outras.
Preparación Á preparación denomínase: ‘facer o cacho’, que consiste en coller auga de sete fontes. A tradición recomenda deixar estas plantas e flores nunha talla con esta auga á intemperie (que lle caia o orballo) durante a noite. Segundo a tradición o orballo dá as virtudes ás herbas, tema que foi cristianizado dicindo que é san Xoán que as bendí. Por riba da talla cómpre colocar uns cardos ou unhas silveiras para evitar que o demo cague nel. Tamén hai quen lle botaba unhas moedas.
Á mañá seguinte lavámonos con esa auga verde e recendente, especialmente a faciana e os pés purificando a pel; en certas zonas este lavado ha facerse mirando ao oriente, para recibir as primeiras raiolas do sol. Deste xeito procúrase non avellentar, sandar e previr enfermidades cutáneas e rexuvenecer a pel. En especial é importante que se laven os nenos.
A auga suponse que ten propiedades menciñeiras, máxicas, para sandar os ares lurpios, e envexas; ademais das propiedades cosméticas, para pór mais bonitas ás mozas e darlles boas cores e finura de pel.
A herba sécase durante varios días ao sol para ser utilizada logo en múltiples remedios caseiros. Por exemplo a ruda, a herba luísa e a macela contra as dores de barriga. A hortelá e os estraloques contra o proído das estrugas. As follas de nogueira con tres noces sanda as chagas do corpo. O romeu cocido con viño sandaba as dores de gorxa, barriga e tamén as dores do gando, e sen o viño era boa para a reuma, nervios e arrefriados. O loureiro e o allo trillábanse para limpar as aireadas e contra a reuma. A herba de san Xoán limpa a cara de grans. O tomiño era bo antídoto para evitar a caída do pelo. Respecto desta última, recolleuse na parroquia de Domaio a seguinte estrofa:
-Dime rapaza bonita,Con que lavas o pelo?-Cunhas herbas do monte,Que fío chaman tromentelo!Web de Galicia Espallada - http://www.galiciaespallada.com.ar/festa_de_san_xoan.htm#AS Herbas e os Cachos..
Eladio Rodríguez recolle a presenza destas herbas e flores nos mercados: "plantas odoríferas, que se recogen en el campo, generalmente la antevíspera de la noche de San Juan, o sea el día 22, para venderlas al siguiente día en los mercados de las ciudades y villas de Galicia". O costume parece manterse na actualidade, e en 1992 a prensa entrevistaba unha vendedora de verduras do mercado de Vilagarcía que nestas datas tamén incluía as herbas La Voz de Galicia, 24.06.1992..
Ditos e refráns Son frases feitas, en prosa ou verso, baseadas na observación dos fenómenos naturais e que a sabedoría humana provería, dun xeito categórico a filosofía popular. Os principais refráns sanxoaneiros relacionados coas herbas recollidos din: "En san Xoán, as bruxas fuxirán. " "A auga de san Xoán, tolle o viño e non da pan. " "No san Xoán, fouciña na man. "
Outras tradicións e crenzas coas herbas Tamén existe a crenza de que as herbas de San Xoán protexen a casa contra as meigas (que nesta noite andan especialmente libres polas rúas), colocando ramallos de flores nas lumieiras de portas e fiestras. Na parroquia de Domaio era común pór nas fiestras, portas, tellados, lareiras e chemineas para impedir a entrada das bruxas. Tradicións parecidas falan de colocar toxos nas portas, cruces de madeira ou pintadas de negro para rexeitar a Santa Compaña. Esta propiedade protectora das herbas consérvase durante o resto do ano: hai que secar as herbas de san Xoán e dependuralas logo nalgún lugar da casa para evitar a entrada das meigas.
Na noite de san Xoán, se as mozas meten certas herbas debaixo do traveseiro poden ver en soños ao home co que van casar. Tamén se pode saber a sorte dun ausente pendurando no leito herbas de san Xoán e vendo para o outro día se están verdes ou se secaron; así iralle ao que está lonxe, ben ou mal.
Tamén é a noite propicia para curar aos nenos do engadino e das esbrilladuras. Fenden en dous un carballo e pasan ao rapaz pola fendedela, intervindo dúas Marías ou unha María e un Xan, pasándollo un ao outro tres veces e dicindo "Toma María - Daca Xoán - Doucho crebado - Darasmo san". Logo atan á árbore ben atada, segundo estaba, e se solda é que o neno cura, se non é que non cura. Para curar a sarna, dormen os doentes nus, entre centeo para colleren o orballo da noite toda; ou métense polas searas molladas á mañanciña, antes de saír o sol; ou envórcanse a esa hora na herba dos prados; ou refréganse contra dun carballo, ás doce da noite, deixando a roupa pendurada nunha póla.
A flor da auga A frol da auga é un dos misterios máis estraños e máis poéticos da noite de san Xoán. A fror da auga é a que se apaña ao raiar o sol a rentes da fonte, coma se fora a tona en que viñeran á superficie todas as virtudes e marabillas. De certas expresións que aparecen en ditos e coplas deducen algúns como se esta flor da auga fora traída por un paxaro no bico. Pode haber aquí un trabucamento coa crenza de que a pinga de auga e de orballo que na amañecida de san Xoán trae un paxaro no peteiro e deita nunha flor ten as mesmas virtudes que a flor da auga. Tocante a calquera das dúas cítase a seguinte fórmula:
Día de san Xoán, alegre,meniña, vaite lavar,pillarás auga do paxaroantes do que o sol raiar.
Irás ao abrente do díaa auga fresca catarda auga do paxariñoque saúde che ha de dar.
Corre, meniña,vaite lavaralá na fontete has de lavar,e a fresca augadesta amañecidacor da cereixache ten que dar.
Se arraiar,se arraiarátódalas meigas levará,se arraiou,xa arraiou,tódalas meigas levou.
Peladas erapeladas serántódalas meigasque andan polo chan.
Peladas son,peladas erantódalas meigasque andan pola terra.
As herbas de san Xoán noutras culturas