José Atanagildo Pardo de Andrade Sánchez, nado en Dexo (Oleiros) o 8 de abril de 1887 e finado na Coruña o 22 de agosto de 1963, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Fillo de Lisardo Pardo Otero. Estudou o Bacharelato na Coruña rematando en 1903. Fixo a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (1904-1909). Exerceu como avogado e fiscal da Audiencia Territorial. Foi presidente da Fundación Escolas Labaca. Durante a República militou no Partido Radical, foi nomeado concelleiro polo Goberno e elixido alcalde da Coruña o 28 de outubro de 1934. Permaneceu no cargo ata finais de marzo de 1935.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Alcaldes da Coruña Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Alcaldes de Galicia polo Partido Radical Categoría:Nados en Oleiros Categoría:Nados en 1887 Categoría:Finados en 1963 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes