José Fandiño Pidre, nado en Moaña o 14 de xaneiro de 1902 e finado en Vigo o 31 de decembro de 1936, foi un industrial e político galego.

Traxectoria Emigrou a Nova York co seu pai. En 1935 e cos aforros da emigración decidiu quedar definitivamente, para montar un café económico na súa casa da Seara. Logo das eleccións de febreiro de 1936 que supuxeron a vitoria da Fronte Popular foi restituída a corporación de elección popular de Moaña, pero foi destituída ao pouco tempo e nomeada unha xestora para a que foi nomeado concelleiro e elixido alcalde o 22 de marzo de 1936.El Compostelano, 26-3-1936, p. 2.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído o 22 de xullo. Nun intento de salvar a vida, chegou a contribuír economicamente coa Falanxe de Moaña, pero finalmente foi detido e procesado por auxilio á rebelión. Xulgado en Vigo o 17 de decembro por rebelión na causa 1212/36 xunto con José Fervenza Pena, Jesús Vilariño Santomé, Eugenio Gayo Santomé, Manuel Catrofes Rodríguez, Manuel Fervenza Pena, Manuel Vilariño Santomé, Luis Pérez Álvarez e Arturo Piñeiro Iglesias “Chaplin”.Consellos de guerra a moañeses. Foi condenado a pena de morte e fusilado en Vigo o 31 de decembro con Jesús Fervenza Pena, Jesús Vilariño Santomé e Fernando Lago Lago;El Pueblo Gallego, 1-1-1937, p. 3. a súa casa foi embargada.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Galegos dos Estados Unidos de América Categoría:Alcaldes de Moaña Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Moaña Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1936