Antonio Lens Viera, nado en Matanzas (Cuba) en 1847 e finado na Coruña o 18 de setembro de 1933, foi un político galego. Foi alcalde da Coruña en dous períodos, o primeiro entre 1920 e 1921 e o segundo en 1931.

Traxectoria Estudante de Farmacia en Cuba, chegou á Coruña e abriu unha farmacia na cidade. Uniuse ao republicanismo fundando un casino republicano. Foi elixido concelleiro e como Tenente de Alcalde creou o gran Mercado coruñés e a Cociña Económica en 1886. Foi alcalde da Coruña desde o 1 de abril de 1920 até o 28 de xullo de 1921. En 1931 repetiría mandato, sendo o primeiro alcalde do período republicano. miniatura|Tumba de Antonio Lens no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do alcalde en galegos.info Datos do alcalde en estudoslocais.wikispaces.com Datos do alcalde en blogs.ideal.es

Categoría:Finados en 1933 Categoría:Nados na provincia de Matanzas Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Alcaldes da Coruña Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en 1847