David Fernández Dopico, nado en Sillobre (Fene) o 7 de xuño de 1910 e finado no mesmo concello o 19 de outubro de 1989,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 20-10-1989, p. 71. foi un militar e político galego.
Traxectoria Oficial de mariña do exército republicano no destrutor Churruca. Afeccionado á fotografía, tomou imaxes do tripulación do buque en diferentes zonas e tarefas entre 1934 e 1935. Tamén realizou fotos da fuxida dos buques de Cartagena ante a ofensiva franquista o 5 de marzo de 1939 cunha frota de 15 buques, despois de sublevarse contra a oficialidade co almirante Miguel Buiza ao mando. Exiliouse en Tunisia e foi internado nun campo de concentración. Pasou despois ao campo de Kenchela (Alxeria) en 1941. Militante do Partido comunista. Retornou a Galicia en 1974.
Coas súas imaxes, o seu fillo montou a exposición fotográfica A Mariña Republicana.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en exiliados republicanos
Categoría:Militares de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Nados en Fene Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1989