Federico Tapia Segade, nado na Coruña o 16 de abril de 1826 e finado na mesma cidade o 2 de setembro de 1891, foi un político galego. Foi alcalde da Coruña entre 1872 e 1873
Traxectoria miniatura|200px|Placa da Rúa Federico Tapia. miniatura|Tumba de Federico Tapia no cemiterio de Santo Amaro da Coruña. Foi alcalde da Coruña desde o 1 de febreiro de 1872 até o 24 de agosto de 1873. Durante o seu mandato sucederon dous acontecementos políticos de gran relevancia: a visita á cidade do rei Amadeu I e a chegada da Primeira República Española. Foi membro da loxa La Herculina nº 10.
Federico Tapia pediu que o seu enterro fose civil, polo que o arcebispo, co apoio do gobernador civil Linares Rivas obrigou a que se realizase no cemiterio civil e que o cortexo fúnebre fose curto. Tras o enterro, ao que asistiron os líderes republicanos e unha multitude de persoas, tivo lugar unha ruidosa manifestación.
Recoñecementos A cidade da Coruña adicoulle unha rúa do Ensanche en 1899. En 1937 a rúa designouse como Hortas de Garás, mais o cambio non chegou a ter efecto.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do alcalde en estudoslocais.wikispaces.com Datos do alcalde en lacorunadesdemipuntodevista.blogspot.com.es Datos do alcalde en elpedazo.blogspot.com.es
Categoría:Alcaldes da Coruña
Categoría:Masóns de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1826 Categoría:Finados en 1891