Jesse Stone: Campo de regatas (en ) é un telefilme estadounidense de misterio dirixido por Robert Harmon que se estreou no 2007. Baséase na novela Sea Change de Robert B. Parker e é o cuarto dos oito telefilmes baseados nas novelas da personaxe de Jesse Stone. Estreouse en galego na TVG o 11 de xaneiro de 2013.
Sinopse Jesse Stone é un ex policía dos Ánxeles vido a menos cuxa maior batalla agora é contra o alcohol. Para calar ós demos internos do seu pasado que tanto o atormentan, Jesse decide retomar o caso dun asasinato cometido dez anos atrás. Refuxiado na pequena cidade de Paradise, Jesse reabre unha investigación sen resolver na que descubrirá probas nunha antiga tumba e perseguirá as pantasmas do esquecido crime. Pero non será só o pasado da vítima e do asasino o que sairá á luz, senón tamén o seu propio.
Personaxes Tom Selleck como Jesse Stone Kathy Baker como Rose Gammon Kohl Sudduth como Luther "Suitcase" Simpson Rebecca Pidgeon como Leeann Lewis Sean Young como Sybil Martin Mika Boorem como Cathleen Holton Stephen McHattie como Capitán Healy William Sadler como Gino Fish James Gammon como Bob Nigel Bennett como Harrison Pendleton Vito Rezza como Anthony D'Angelo James Preston Rogers como Terry Genest Jeremy Akerman como Home do concilio #1 John Beale como Dr. Perkins Saul Rubinek como Hasty Hathaway Viola Davis como Molly Crane William Devane como Dr. Dix Scott Wickware como Sam Holton Marcia Bennett como Hilda Evans Gil Anderson como Jenn (voz) Joe the Dog como Reggie
Galardóns e nomeamentos 2007: Emmy: Nomeado a mellor actor en miniserie ou telefilm (Tom Selleck).
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en AllMovie Ficha en TCM Movie Database
Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes ambientados en Massachusetts Categoría:Filmes de 2007 con versión en galego