Bran (en alemán Törzburg; en húngaro Törcsvár) é unha vila de Transilvania pertencente ao Condado de Braşov, na raia con Valaquia (actualmente, Romanía) en plenos Cárpatos transilvanos. A aldea ten unha superficie de 67,85 km² e unha poboación en 2011 de 5.573 habitantes. Áchase a tan só 30 km da cidade de Braşov e divídese en cinco lugares: Bran, Poarta, Predeluţ, Şimon e Sohodol.
É moi coñecida polo castelo medieval de Bran (en romanés Castelul Bran); que leva a sona de ser o Castelo de Drácula. Crese que realmente Vlad Țepeș (Vlad III o empalador), personaxe histórico no que se inspirou a novela do escritor irlandés Bram Stoker, só pasou nel uns días de camiño á cadea en BudapestThe Dracula Dilemma: Tourism, Identity and the State in Romania artigo de Duncan Light (Ashgate Publishing, ano 2012).
left|thumb|Castelo de Bran.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do concello Draculascastle.com .
Categoría:Cidades de Romanía