Tropa de Elite é un filme brasileiro dirixido por José Padilha que se estreou no 2007. O guión foi escrito por Bráulio Mantovani, baseado no libro Elite da Tropa do sociólogo Luiz Eduardo Soares e dous capitáns de BOPE, André Batista e Rodrigo Pimentel.

Sinopse Brasil, ano 1997. O capitán Nascimento (Wagner Moura) está ó mando dun escuadrón de Batallón de Operacións Policiais Especiais (BOPE), un corpo de elite da policía de Río de Xaneiro. A súa misión é actuar nas favelas, nas que a policía, por medo ou por corrupción, non intervén. Nascimento quere deixar o seu posto, xa que está a piques de ser pai, pero antes precisa atopar un substituto axeitado. Con ese fin comeza a instruír a dous policías honestos e amigos dende a infancia: Neto, que é un home de acción, e Matías, que estuda Dereito porque cre na lei. Xuntos entrarán no BOPE e cumprirán as súas misións ata as últimas consecuencias.

Personaxes Wagner Moura como Capitán Roberto Nascimento Caio Junqueira como Aspirante Neto Gouveia André Ramiro como Aspirante André Matias Maria Ribeiro como Rosane Fernanda Machado como Maria Fernanda de Freitas como Roberta Alunde Paulo Vilela como Edu Milhem Cortaz como Capitán Fábio Marcelo Valle como Capitán Oliveira Fábio Lago como Baiano Alex Avellar como 02 Ricardo Pagotto Piai como 08 Guilherme Aguilar como 07 Pedro Bonfim como PM Robson Sandro Rocha como Sarxento Rocha

Galardóns e nomeamentos 2008: Festival de Berlín: Oso de Ouro.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua portuguesa Categoría:Filmes do Brasil Categoría:Filmes dirixidos por José Padilha Categoría:Filmes de The Weinstein Company Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes rodados en Río de Xaneiro Categoría:Filmes ambientados en Río de Xaneiro Categoría:Filmes ambientados en 1997 Categoría:Filmes gañadores do Oso de Ouro