Jared Armon Cunningham, nado o 22 de maio de 1991 en Oakland (California), é un xogador e baloncesto profesional estadounidense.
Traxectoria Cunningham foi seleccionado na 24ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Cleveland Cavaliers. Os seus dereitos foron traspasados pouco despois de ser elixido xunto a Jae Crowder e Bernard James ós Dallas Mavericks, a cambio de Tyler Zeller e Kelenna Azubuike. Asinou o seu contrato o 21 de xullo de 2012. O 11 de decembro de 2012, Cunningham foi enviado ó afiliado dos Mavericks na NBA D-League, os Texas Legends, tras facer 2.3 puntos en 3.4 minutos por partido. Foi chamado de volta o 31 de decembro de 2012.
O 27 de xuño de 2013, Cunningham foi traspasado ós Atlanta Hawks durante o Draft de 2013.Atlanta Hawks 2013 Draft Central O 22 de febreiro de 2014, foi cortado polos Hawks.
O 31 de marzo de 2014, asinou un contrato de dez días cos Sacramento Kings.KINGS SIGN JARED CUNNINGHAM TO 10-DAY CONTRACT O 10 de abril de 2014, asinou cos Kings para o resto da tempada.KINGS SIGN JARED CUNNINGHAM FOR REMAINDER OF THE SEASON
O 29 de setembro de 2014, asinou cos Los Angeles Clippers. O 7 de xaneiro de 2015 foi traspasado xunto ós dereitos do Draft de Cenk Akyol ós Philadelphia 76ers, a cambio dos dereitos do Draft de Sergei Lishouk.Clippers Trade Cunningham To 76ers Ese mesmo día, foi cortado polos Sixers.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Oakland Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores do FC Bayern München (baloncesto) Categoría:Xogadores do Pallacanestro Brescia Categoría:Xogadores dos Shanghai Sharks Categoría:Xogadores do Bnei Herzliya