El Radical foi un semanario editado na Coruña en 1931.

Historia e características Apareceu o 26 de xullo de 1931. Foi o voceiro do Partido Republicano Radical da Coruña. Estaba dirixido por Juan Pita Serapio. Ocupouse preferentemente da información estatal, pero tamén da actividade municipal e a vida política local, moitas veces en ton satírico. Criticou o caciquismo en Galicia e as actividades do clero e a aristocracia.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:1931 en Galicia