Big Daddy é un filme estadounidense dirixido por Dennis Dugan que se estreou en 1999.

Sinopse Sonny Koufax é un avogado ó que nunca lle gustou asumir as responsabilidades da súa condición de adulto. Porén, a medida que os seus antigos compañeiros van casando, Sonny decátase de que se non fai algo axiña podería quedar só para o resto da vida. Despois de que a súa última noiva o abandone pola súa inmaturidade, decide facer algo drástico que cambie a súa vida: adoptar a Julian, un neno de 5 anos.

Personaxes Adam Sandler como Sonny Koufax Dylan e Cole Sprouse como Julian 'Frankenstein' McGrath Joey Lauren Adams como Layla Maloney Jon Stewart como Kevin Gerrity Leslie Mann como Corinne Maloney Rob Schneider como Nazzo Jonathan Loughran como Mike Allen Covert como Phil D'Amato Peter Dante como Tommy Grayton Kristy Swanson como Vanessa Joseph Bologna como Lenny Koufax Steve Buscemi como Home sen fogar Josh Mostel como Arthur Brooks Edmund Lyndeck como Mr. Herlihy Geoffrey Horne como Sid

Galardóns e nomeamentos 1999: Premio Razzie ó Peor actor (Adam Sandler). 5 Nomeamentos, incluíndo peor filme.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en IMDb Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1999 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes de comedia dos Estados Unidos de América