Balzers é un concello situado no suroeste do principado de Liechtenstein. Contaba en 2010 cunha poboación de 4 529 habitantes. A maior parte da localidade está situada na ribeira este do río Rin.

Xeografía Limita ao norte co municipio de Triesen polo leste e cos municipios suízos de Wartau ao norte, Maienfeld e Fläsch ao sur, e ao suroeste con Sargans. Ademais, grazas aos seus dous exclaves limita tamén cos municipios de Triesenberg, Planken, Schaan e Vaduz en Liechtenstein, e Frastanz e Nenzing en Austria.

Lugares de interese Pavillón deportivo. Río Rin Castelo de Burg Gutenberg‎. Parroquia de Balzers.

Transporte Para chegar a Balzers pódese coller o autobús ou ben un coche. Tamén se pode chegar en tren, a pesar de que a estación máis próxima (Forst Hilti) áchase ao sueste. Na cidade hai numerosos carrís bici e pódese alugar unha moto ou un coche na cidade.

Deportes Balzers conta cunha das poucas piscinas climatizadas do país. É unha piscina olímpica e atópase no pavillón deportivo, onde tamén hai canchas de fútbol, de baloncesto, de balonmán (aínda que a utilizan para xogar a hóckey) e unha sala multiúsos. O equipo de fútbol da cidade é o FC Balzers.

miniatura|left|Castelo de Burg Gutenberg.

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio oficial do municipio de Balzers

Categoría:Concellos de Liechtenstein