Alfonso Osorio de Moscoso Osorio de Moscoso, nado en Madrid o 25 de maio de 1858 e finado en Vilagarcía de Arousa o 24 de novembro de 1901, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Fillo de Fernando Osorio de Moscoso Fernández de Córdoba. Licenciado en Dereito, foi seguidor político de Cánovas del Castillo. Maestrante de Sevilla e Duque de Terranova, en 1883 recibiu o título de marqués de Monasterio. Foi deputado a Cortes co Partido Conservador polo distrito de Caldas (1891-1893) e designado senador por dereito propio (1893).

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Senado Notas biográficas

Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1858 Categoría:Finados en 1901