miniatura|"¡Rousalía Castro, morreu!", por Secundino Cora e "A rola de Galicia, Rousalía Castro de Murguía" por Valentín Lamas Carvajal. Secundino Cora García, nado en Miñotos (Ourol) e finado na Habana o 25 de xaneiro de 1892, foi un xornalista e poeta galego.

Traxectoria Emigrou mozo a Cuba. Na Habana fundou con Xosé Fontenla Leal a Revista de Galicia en 1886.José Fontenla Leal Álbum da emigración. CCG. Colaborou con A Gaita Galega escribindo crónicas e poemas de corte romántico. Foi Secretario do Centro Gallego de la Habana en 1888. Regresou enfermo á súa parroquia natal en 1890, e publicou en El Eco de Vivero varios dos seus poemas e artigos. Volveu á Habana onde morreu en 1892.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Xosé Fontenla Leal Ligazóns externas Os xornalistas Cora, Peinó e Villar Ponte "Secundino Cora, periodista gallego en Cuba"

Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá

Categoría:Galegos de Cuba

Categoría:Nados en Ourol

Categoría:Finados en 1892