Jaime Óscar Máximo Rey Barreiro, coñecido como Xaime Rei ou Jaime Rey, nado en Pontevedra o 16 de abril de 1938, é un político galego que foi alcalde de Redondela durante practicamente tres décadas.
Traxectoria Mestre de educación primaria, Xaime Rei foi destinado a Redondela, onde nas primeiras eleccións municipais, os comicios locais de 1979 encabezou a candidatura de Unidade GalegaSobre as primeiras eleccións democráticas e os homes que se presentaban ...nunha lista , post do blog Falo de Redondela. que lle permitiu facerse coa alcaldía.
Nas eleccións municipais de 1983 pasou a encabezar a candidatura do PSdeG-PSOE e foi reelixido alcalde con maioría absoluta. Volveu saír reelixido con maioría absoluta nas eleccións de 1987 e 1991. Nas eleccións de 1995 perdeu a maioría absoluta, conservando a alcaldía co apoio do BNG. En agosto de 1996 o cabeza de lista do Partido Popular, Amado Ricón, presentou unha moción de censura en 1996 que contou co apoio dun concelleiro tránsfuga socialista e outro independente que o retirou da alcaldía.
Tralas eleccións de 1999 regresou á alcaldía logo de impoñerse por maioría simple e establecer un pacto de goberno co BNG. Revalidou a alcaldía tamén nas eleccións de 2003 impoñéndose de novo por maioría simple e formando goberno co BNG e nesta ocasión tamén co único concelleiro de Esquerda Unida. Nas eleccións de 2007 revalidou a alcaldía mediante un novo pacto co BNG. Dado que estivo involucrado nun proceso xudicial do que foi absoltoXaime Rei absuelto de prevaricación, Vigoalminuto, 21/01/2013., decidiu non presentarse ós comicios de 2011. No seu lugar o PSdeG-PSOE presentou como cabeza de lista a Eduardo RegueraLa asamblea del PSOE confirma a Eduardo Reguera como candidato a la Alcaldía, Faro de Vigo, 04/12/2010. que non conseguiu a alcaldía, co que deu paso a un goberno do Partido Popular.
A súa política caracterizouse pola promoción da lingua galegaEl ejemplo de Redondela, El País, 17/05/1983.
Ademais, nas Xerais de 1993 encabezou a candidatura do PSOE pola provincia de Pontevedra ao Senado, pero só permaneceu na Cámara Alta durante unha lexislatura, ata 1996.
Vida persoal Está casado e ten dous fillos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición Eleccións municipais en Redondela
Ligazóns externas Ficha no Senado
Categoría:Alcaldes de Galicia por UG Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Redondela Categoría:Senadores por Pontevedra Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en 1938