é unha serie de televisión de anime producida por Zuiyo Enterprise (hoxe: Nippon Animation) no Xapón. A serie consta de 52 episodios e a súa estrea foi na canle xaponesa TV Asahi no 1975. Baseado no libro do escritor alemán Waldemar Bonsels, publicado en 1912, que acadou grande sona durante a Segunda Guerra mundialLa abeja Maya cumple 100 años. La Voz de Galicia. A serie de anime volveuse sumamente popular en Europa e foi retransmitida numerosas veces en diversos países e linguas en todo o mundo dende a súa estrea.
Unha segunda serie d'A abella Maia, 新みつばちマーヤの冒険 Shin Mitsubachi Māya no Bōken (As novas aventuras da abella Maia), foi co-producida no 1979 por Wako Productions e mais Apollo Film Wien. Estreouse primeiro en Alemaña na canle ZDF, en setembro do 1979 ata setembro do 1980. Esta segunda serie doutros 52 episodios, non foi moi popular e non se estreu no Xapón ata outubro do 1982, na canle tv Osaka. Dez episodios desta serie foron engadidos ós 45 episodios da orixinal para a emisión dos EUA, transmitindo en total en Nickelodeon 55 episodios nos EUA.
En Galicia a súa estrea en galego chegou o 19 de setembro do 2011, emitida na tvG2 da man do Xabarín Club.
Sinopse A historia céntrase nas aventuras de Maia, unha pequena abella inqueda, aventureira e preguntona, así como da forma que ten de se desenvolver nunha contorna infestada de todo tipo de insectos e demais bechos. Maia é enviada pola abella raíña a buscar pole para a súa colmea. Nesa tarefa, Maia, canda ó seu inseparable amigo Willi o abáboro, descobre un mundo novo ó seu redor e establece amizade con numerosas criaturas do bosque como o saltón Flip, araña Tecla, a mosca Puck, o escaravello Kurt ou o rato Alexandro.
Dobraxe
Personaxe Seiyū Actor de dobraxe Maia Michiko Nomura Ana Santos Willi Ichirō Nagai Rocío Pereiras Flip Ichirō Nagai Xoán Dieguez Alexandre Daniel Lema Tecla Terue Nunami Antía Álvarez Jiménez Kurt Roberto Reboiro
Novos episodios Co gaio do cen aniversario a cadea ZDF ten anunciada a estrea de 78 novos episodios rodados en 3D.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Anime A abella Maia (serie de televisión de 2012)
Ligazóns externas
A abella Maia en Anime News Network
Categoría:Xabarín Club Categoría:Nippon Animation Categoría:Series de televisión iniciadas en 1975 Categoría:Series de televisión finalizadas en 1976 Categoría:Anime con versión galega Categoría:Series de televisión con versión galega