Joaquín Arias Díaz de Rábago, nado en Santiago de Compostela o 1 de novembro de 1916 e finado na Coruña o 29 de maio de 2007, foi un rexistrador da propiedade e empresario galego.

Traxectoria Fillo de Vicente Arias de la Maza. Na súa mocidade trasladouse co seu pai e a súa familia a Barcelona, onde estudou bacharelato e onde posteriormente se licenciou en dereito na Universidade de Barcelona. Opositou e gañou antes de ter a idade mínima a praza de rexistrador da propiedade. Tomou posesión da praza en 1941 e exerceu como rexistrador en diversas cidades galegas.

Grazas ao matrimonio da súa irmá Carmela Arias con Pedro Barrié de la Maza comezou a traballar na estrutura empresarial do Banco Pastor e mais en concreto na Fundación Barrié, da que foi nomeado vicepresidente como subordinado da súa irmá.

Vida persoal Casou en Santiago de Compostela con Loreto Mosquera Arroyo en 1946Cartel, 1-5-1946, p. 15.. Os seus dous fillos, Xosé María Arias e Vicente Arias Mosquera, seguiron a súa carreira empresarial no banco.

Galardóns Premio Montero Ríos da Asociación de Xuristas Galegos en Madrid (2002).

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 2007 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes