miniatura|Partidos maioritarios por rexión: ■ – Pheu Thai ■ – Demócrata ■ – BhumjaiThai ■ – Chartthai ■ – Palung Chon ■ – sen maioría miniatura|dereita|230px As eleccións xerais de Tailandia de 2011 aconteceron o 3 de xullo, onde se escolleron 500 deputados da Cámara de Representantes, 375 deles por maioría nos distritos electorais e 125 de forma proporcional nunha única lista de ámbito nacional. A vitoria foi para o Puea Thai, liderado por Yingluck Shinawatra, con 265 escanos (maioría absoluta) na Cámara de Representantes, fronte a 159 escanos obtidos polos demócratas de Abhisit Vejjajiva, con 159 escanos.General Election 2011 , Tha Bangkok Post, 4 de xullo de 2011, consultado o 23 de setembro de 2011.
Contexto e antecedentes Os dous partidos que partían como favoritos eran o Partido Demócrata, do até entón primeiro ministro, Abhisit Vejjajiva, e o Puea Thai, de recente formación pero herdeiro dos ilegalizados Partido do Poder do Pobo e Thai Rak Thai, liderado por Yingluck Shinawatra, irmá do exprimeiro ministro Thaksin Shinawatra, que se encontraba no exilio desde que o seu goberno fora derrocado polo golpe de Estado de 2006. Nas anteriores eleccións xerais celebradas en 2007, Samak Sundaravej, do Partido do Poder do Pobo, obtivera a maioría relativa con 233 escanos fronte a Vejjajiva, quen obtivo 165 escanos. Durante a crise de 2008 e 2009, o movemento da Alianza do Pobo para a Democracia, coñecidos como os Camisas Amarelas, conseguiron derrocar a Sundaravej e ao seu sucesor, Somchai Wongsawat, tras un pulso político durante dous anos nos que cuestionaou a nova constitución aprobada en referendo en 2007. Vejjajiva chegou ao poder ao ilegalizarse o partido do goberno e depoñer o primeiro ministro, mais cunha nova crise que durou até finais de 2010 na que os Camisas Vermellas, integrados na Fronte Unido Nacional pola Democracia contra a Ditadura e partidarios dos primeiros ministros depostos, mantiveron fortes protestas pola implicación dos membros do Partido Demócrata e do propio primeiro ministro no golpe de Estado de 2006. A crise agravouse en marzo de 2010, cando se produciu a toma da capital, Bangkok, polos Camisas Vermellas até que dous meses máis tarde, en maio, o exército asaltou os campamentos dos Camisas Vermellas, falecendo 85 persoas.
Resultados electorais Os resultados electorais déronlle a vitoria ao Puea Thai, coa súa líder, Yingluck Shinawatra, ao obter 265 escanos (maioría absoluta) na Cámara de Representantes, fronte a 159 escanos obtidos polos demócratas de Abhisit Vejjajiva. Vejjajiva recoñeceu na noite electoral a derrota e anunciou a súa dimisión como líder do seu partido, felicitando ao Puea Thai "pola oportunidade que ten de liderar o próximo goberno e deséxolle a Yingluck Shinawatra todo o éxito como a primeira muller en ser primeira ministra de Tailandia". O exiliado Thaksin Shinawatra anunciou que buscarían acordos cos outros partidos a pesar da maioría absoluta.El partido del exiliado Shinawatra obtiene la mayoría en las elecciones tailandesas, RTVE, 4 de xullo de 2011, consultado o 23 de setembro de 2011.
Resultados provisionais (ás 16:00 horas UTC do 7 de xullo de 2011) <center> {| class="wikitable" style="text-align:center;" |- !style="background-color:#E9E9E9" align=left valign=top rowspan="2"|Formación !style="background-color:#E9E9E9" align=center valign=top colspan="3"|Por distrito electoral !style="background-color:#E9E9E9" align=center valign=top colspan="3"|Por elección proporcional !style="background-color:#E9E9E9" align=center valign=center rowspan="2"|TOTAL |- !style="background-color:#E9E9E9" align=left |Votos !style="background-color:#E9E9E9" align=left |% !style="background-color:#E9E9E9" align=left |Escanos !style="background-color:#E9E9E9" align=left |Votos !style="background-color:#E9E9E9" align=left |% !style="background-color:#E9E9E9" align=left |Escanos |- |align=left|Puea Thai
|204 |15 744 190 |48,41 |61 |265 |- |align=left|Partido Demócrata de Tailandia
|115 |11 433 762 |35,15 |44 |159 |- |align=left|Bhum Jai Thai
|29 |1 281 577 |3,94 |5 |34 |- |align=left|Chart Thai Pattana
|15 |908.656 |2,79 |4 |19 |- |align=left|Palung Chon
|6 |178.110 |0,55 |1 |7 |- |align=left|Chart Pattana Puea Pandin
|5 |494.894 |1,52 |2 |7 |- |align=left|Rak Thailand
|0 |998.603 |3,07 |4 |4 |- |align=left|Matubhum
|1 |251.702 |0,77 |1 |2 |- |align=left|Rak Santi
|0 |284.132 |0,87 |1 |1 |- |align=left|Mahachon
|0 |133.772 |0,41 |1 |1 |- |align=left|Nova Democracia
|0 |125.784 |0,39 |1 |1 |- |align=left|Outros
|0 |692.322 |2,13 |0 |0 |- |align=left style="background-color:#E9E9E9"|Votos válidos |align="right" style="background-color:#E9E9E9"| |align="right" style="background-color:#E9E9E9"| |align="right" style="background-color:#E9E9E9"|375 |align="right" style="background-color:#E9E9E9"|32 525 504 |align="right" style="background-color:#E9E9E9"| |align="right" style="background-color:#E9E9E9"|125 |align="right" style="background-color:#E9E9E9"|500 |- |align=left style="background-color:#E9E9E9"|Votos en branco |align="right" style="background-color:#E9E9E9"|1 419 088* |align="right" style="background-color:#E9E9E9"|4,03% |rowspan="4" style="background-color:#E9E9E9"| |align="right" style="background-color:#E9E9E9"|958.052 |align="right" style="background-color:#E9E9E9"|2,72% |colspan="4" rowspan="4" style="background-color:#E9E9E9"| |- |align=left style="background-color:#E9E9E9"|Votos nulos |align="right" style="background-color:#E9E9E9"|2 039 694* |align="right" style="background-color:#E9E9E9"|5,79% |align="right" style="background-color:#E9E9E9"|1 726 051 |align="right" style="background-color:#E9E9E9"|4,90% |- |align=left style="background-color:#E9E9E9"|Abstención |align="right" style="background-color:#E9E9E9"| |align="right" style="background-color:#E9E9E9"| |align="right" style="background-color:#E9E9E9"| |align="right" style="background-color:#E9E9E9"| |- |align=left style="background-color:#E9E9E9"|Total votantes |align="right" style="background-color:#E9E9E9"| |align="right" style="background-color:#E9E9E9"| |align="right" style="background-color:#E9E9E9"| |align="right" style="background-color:#E9E9E9"| |- |colspan=9 align=left|Referencias: The Bangkok Post / Membros electos da Cámara de Representantes B.E.2554.
* Como os distritos electorais elixen entre un e tres deputados, algúns teñen dous ou tres votos.
Comisión Electoral Tras as eleccións, a Comisión Electoral tiña que recoñecer os resultados, proclamando aos candidatos dentro dos trinta días seguintes ao día das eleccións. A Comisión Electoral reuniuse o 12 de xullo e nomeou a trescentos cincuenta e oito deputados, pero sen incluír a Yingluck Shinawatra e Abhisit Vejjajiva, entre outros. O 20 de xulio recoñecía a todos os elixidos que faltaban.Untersuchung gegen Wahlsiegerin eingeleitet, ORF, 13 de xullo de 2011, consultado o 23 de setembro de 2011.Weg frei für erste Regierungschefin, ORF, 19 de xullo de 2011, consultado o 23 de setembro de 2011.
Reaccións O exército, a través do seu antigo xefe do Alto Mando, Prawit Wongsuwan, anunciou o 4 de xullo que aceptaba a vitoria da oposición nas eleccións.El Ejército tailandés acepta la victoria de la oposición en las generales, Europa Press, 4 de xullo de 2011, consultado o 23 de setembro de 2011.
Notas
Categoría:Eleccións en Tailandia Tailandia