Pura Rodríguez Álvarez, nada en 1966, é unha política galega do PPdeG.

Traxectoria Entre 1999 e 2007 foi Tenente de Alcalde do concello de Gomesende polo PPdeG. Despois dalgúns conflitos co alcalde Radigundo Castro creou un partido independente co que se fixo coa alcaldía nas eleccións municipais de 2007 apoiada polo BNG e o PSdeG-PSOE. Foi presidenta do Grupo de Desenvolvemento Rural GDR-16. Nas municipais de 2011 volveu presentarse encabezando a lista do PPdeG e obtivo a maioría absoluta.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Gomesende

Categoría:Alcaldes de Gomesende Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en 1966