The Horrible Truth About Burma é unha colección postuma de gravacións ao vivo da banda estadounidense de post-punk Mission of Burma. Foi gravado durante a súa xira de despedida en 1983 e editouse no ano 1995 polo selo Ace of Hearts. A banda decidiu deixalo porque o acúfeno do seu líder Roger Miller acadara un nivel perigoso, e incluso no libreto do álbum pode verse unha foto súa no escenario con auriculares de protección.
O álbum sería reeditado en 1997 por Ryko, e posteriormente apareceron as edicións "Standard" e "Definitive" de Matador Records en 2008. Esta última edición en CD e a versión en vinilo tamén inclúen un DVD co concerto completo no hotel Bradford de Boston.
Listaxe de cancións Todos os temas compostos por Roger Miller, agás onde se indique. Cara 1 "Tremolo" (Clint Conley) – Detroit – 4:11 "Peking Spring" (Conley) – Boston (hotel Bradford) – 3:44 "Dumbells" – Chicago – 2:17 "New Disco" – Chicago – 3:25 "Dirt" (Conley) – Chicago – 3:40 "Go Fun Burn Man" (Conley) – Boston (The Channel) – 1:56
Cara 2 "1970" (The Stooges) – Nova York – 3:35 "Blackboard" (Peter Prescott) – Nova York – 3:08 "He Is, She Is" – Boston (hotel Bradford) 2:43 (4:03 coa charla co público) "Heart of Darkness" (Pere Ubu) – Chicago – 8:55
Cancións extra na remasterización de 2008 O vinilo ven cun 12" extra 12" con dous temas por cara. O CD engade esas cancións ao final do álbum. "That's When I Reach For My Revolver" – Nova York – 3:38 "Weatherbox" – Detroit – 3:21 "Trem Two" – Nova York – 4:21 "Learn How" (Prescott) – Detroit – 3:44
Categoría:Álbums en directo Categoría:Álbums de Mission of Burma