A rima, en poesía, é o feito da concordancia total ou parcial dos fonemas dunha ou máis palabras a partir da última vogal acentuada. Isto produce unha igualdade total ou parcial de certos sons entre dous ou máis versos.
Tipos de rima Hai dúas clases de rimas:
A rima consonante ou total dáse cando a partir da última vogal tónica de cada verso son iguais os sons vocálicos e consonánticos. Mais dorme, Rosalía, mentras tanto N-as almas mingoa a fe y-a duda medra ¡Quén sabe si d'este recinto santo Non quedará maña pedra con pedra!
— Manuel Curros Enríquez, "N-a tumba de Rosalía".
A rima asonante ou parcial dáse cando a partir da última vogal tónica son iguais soamente os sons vocálicos. Nasin cand' as prantas nasen, No mes das froles nasin, Nunh' alborada mainíña, Nunh' alborada d' abril.
— Rosalía de Castro, Cantares gallegos.
Notas
Véxase tamén
Poesía Literatura galega
Categoría:Poesía