miniatura| Frederico II de Prusia, tamén coñecido como Frederico II o Grande, nado en Berlín o 24 de xaneiro de 1712 e finado en Potsdam o 17 de agosto de 1786, foi rei de Prusia dende 1746 ata a súa morte.

Traxectoria miniatura|120px|esquerda|Frederico II de Prusia no anverso dun tálero de 1777 cuñado en Berlín Era fillo de Frederico Guillerme I e de Sofía Dorotea de Hannover, pertencentes á dinastía Hohenzollern.

Como rei foi un déspota ilustrado. Está considerado como un dos xenerais máis brillantes da historia, de modo que o mesmo Napoleón Bonaparte se inspirou nas súas campañas militares, coma as da Guerra de Sucesión Austríaca. Tamén se adicou á filosofía, e escribiu múltiples versos e ensaios, coma Anti Maquiavelo ou Historia do meu tempo.

Un forte crecemento demográfico, o desenvolvemento da industria e a mellora do exército forman parte do legado que deixou este rei a Prusia, ademais da anexión de Silesia, Baviera e parte de Polonia.

Morreu sen fillos e sucedeuno o seu sobriño Frederico Guillerme II.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Reino de Prusia

Categoría:Nados en 1712 Categoría:Finados en 1786 Categoría:Nados en Berlín Categoría:Reis de Prusia