Os Crusaders, antes coñecidos como Canterbury Crusaders e oficialmente BNZ Crusaders por motivos de patrocinio, son un equipo de rugby neozelandés da cidade de Christchurch que compite no torneo Super Rugby, sendo o equipo máis laureado da competición. Fundados en 1996, representan ás federacións provinciais de Buller, Canterbury, Mid-Canterbury, South Canterbury, Tasman e West Coast. O seu estadio local é o Orangetheory Stadium, recinto con capacidade para 18.600 espectadores.
Estadio Os Crusaders xogan os seus encontros como locais no AMI Stadium, chamado Lancaster Park dende que se construíu en 1881 ata 1998, e despois chamado Jade Stadium ata 2007. A capacidade do AMI Stadium é dunhas 38.600 persoas. Os Crusaders comparten o estadio co seu dono orixinal, o equipo Canterbury RFU da ITM Cup.
Este estadio foi orixinalmente construído para acoller encontros de crícket, razón pola cal ten forma circular.
O AMI Stadium foi escollido para que se disputasen nel algúns dos encontros da Copa do Mundo de Rugby 2011 que Nova Zelandia organizará a partir do 9 de setembro do 2011, pero en febreiro de 2011 un terremoto de 6'3º na escala de Richter sacudiu a cidade de Christchurch, deixando 145 persoas mortas e moitos danos na estrutura do estadio, facendo que fose imposible a disputa de calquera tipo de evento deportivo nel. Os Crusaders tiveron entón que xogar tódolos seus encontros fóra de Christchurch, a maioría deles no estadio Trafalgar Park da localidade de Nelson. Os 7 encontros que o estadio ía acoller no mundial de rugby foron repartidos por outros estadios do país, e as obras de restauración non remataron ata o ano 2012.
Elenco Os seguintes son os xogadores dos Crusaders para o Super Rugby de 2020.
Crusaders (Super Rugby)Piliers Michael Alaalatoa Harry Allan George Bower Oliver Jager Joe Moody Isi Tu'ungafasi
Talonadores Andrew Makalio Brodie McAlister Codie Taylor
Segunda liña Scott Barrett (c) Mitchell Dunshea Luke Romano Quinten StrangeTerceira liña Ethan Blackadder Tom Christie Whetu Douglas Cullen Grace Billy Harmon Sione Havili Ethan Roots Tom Sanders
Medios-melé Mitchell Drummond Ere Enari Bryn Hall
Aperturas Fergus Burke Brett Cameron Richie Mo'ungaCentros Braydon Ennor Inga Finau Jack Goodhue Dallas McLeod
Ás George Bridge Leicester Fainga'anuku Manasa Mataele Fetuli Paea Sevu Reece
Zagueiros David Havili Will Jordan (c) Denota ao capitán e Grosa denota xogadores internacionais.
Traxectoria 320px|miniatura|dereita|Os Crusaders compiten representando a un territorio da Illa Sur composto por 6 Unions provinciais. A traxectoria dos Crusaders no Super Rugby é a de máis éxito de tódolos 18 equipos que compiten no torneo de rugby punteiro no Hemisferio Sur. A pesar de comezar as súas participacións no torneo quedando no último posto no Super 12 1996, nos seguintes anos os Crusaders creceron ata acadar 7 títulos, nos anos 1998, 1999, 2000, 2002, 2005, 2006 e 2008, ademais de 4 subcampionatos, nos anos 2003, 2004, 2011 e 2014. TempadaXog.Gañ.Emp.Per.PUNTOSTemp.RegularPlayOffs2016 2015 16907 46 7º 2014 161105 51 2º FINALISTA2013 161105 60 4º SEMIFINALISTA2012 161105 61 4º SEMIFINALISTA2011 161114 61 3º FINALISTA2010 13814 41 4º SEMIFINALISTA2009 13814 41 4º SEMIFINALISTA2008 131102 52 1º CAMPIÓN2007 13805 42 3º SEMIFINALISTA2006 131111 51 1º CAMPIÓN2005 11902 44 1º CAMPIÓN2004 11704 34 2º FINALISTA2003 11803 40 2º FINALISTA2002 111100 51 1º CAMPIÓN2001 11407 23 10º 2000 11803 39 2º CAMPIÓN1999 11713 33 4º CAMPIÓN1998 11803 41 2º CAMPIÓN1997 11515 26 6º 1996 11218 13 12º
Notas
Véxase tamén Outros artigos Christchurch Rugby Super Rugby
Ligazóns externas Páxina web oficial dos Crusaders
Categoría:Equipos de rugby de Nova Zelandia