A Selección de rugby de Samoa representa ao país nas competición oficiais de rugby. O equipo de Samoa é chamado Manu Samoa, o nome dun antigo xefe samoano. Antes do inicio de cada partido, os xogadores samoanos realizan unha danza guerreira coñecida coma manu samoa, non confundir co Sipi Tau de Tonga. Samoa forma parte da Pacific Islands Rugby Alliance (PIRA), que agrupa ademais ás federacións de Tonga e Fidxi. Aínda que ten un grande xogo no formato de 15 xogadores, onde transcende internacionalmente, salienta principalmente no formato Seven (7 xogadores), no cal estivo nas últimas edicións do Seven Internacional entre os primeiros postos. Isto débese á gran velocidade dos seus xogadores para este formato do rugby.

Copa do Mundo de Rugby Participacións de Samoa na Copa do Mundo. Edición Organizador Posto 1987 Nova Zelandia e Australia Non participou 1991 Inglaterracoa asistencia de Gales, Escocia, Irlanda e Francia Cuartos de final 1995 Suráfrica Cuartos de final 1999 Galescoa asistencia de Escocia, Inglaterra, Irlanda e Francia Playoffs de cuartos de final 2003 Australia Fase de grupos 2007 Franciacoa asistencia de Gales e Escocia Fase de grupos 2011 Nova Zelandia Fase de grupos 2015 Inglaterracoa asistencia do Gales Fase de grupos 2019 Xapón Fase de grupos

Notas

Véxase tamén Outros artigos Copa do Mundo de Rugby

Ligazóns externas Páxina web oficial

Samoa