O Vista Hermosa Fútbol Sala é un club de fútbol sala do barrio ourensá de Vista Fermosa. Foi fundado en 1995 e actualmente xoga na 1ª división local de Ourense.
Uniforme Uniforme titular: Camiseta con franxas horizontais amarelas e vermellas, pantalón negro e medias negras. Segundo equipamento: Camiseta azul turquesa, pantalón negro e medias negras.
Pavillón Actualmente o club non dispón de cancha fixa para disputar os seus partidos coma local. Esta situación vén dada polas propias normas da delegación ourensá de fútbol sala, que establece que será a delegación a que designe as canchas en cada xornada. Entre as canchas que se lle facilitan están o pazo dos deportes Paco Paz, o pavillón dos Remedios (central e anexo), o polideportivo de Oira e o polideportivo de Coles como as máis habituais.
Durante as tempadas que militou na 1ª división provincial de Ourense (2009/10 e 2010/11) o equipo xogou no polideportivo do campus de Ourense, pertencente á Universidade de Vigo, no barrio ourensá das Lagoas con capacidade para 500 persoas. A superficie da cancha é de parqué.
Cadro de xogadores 2011/12
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial do Vista Hermosa FS Federación Galega de Fútbol Sala Delegación Ourensá de Fútbol Sala
Vista Hermosa Categoría:Deporte en Ourense