miniatura|dereita|Emblema da Duma Estatal
A Duma Estatal (en ruso: Государственная дума, tr.: Gosudárstvennaya duma, abreviatura habitual: Госдума, tr.: Gosduma) é a cámara baixa da Federación Rusa, onde o parlamento se coñece como Asemblea Federal de Rusia, sendo a cámara alta o Consello da Federación Rusa. A súa sede está en Moscova.
Poderes da Duma Estatal A Duma Estatal ostenta os seguintes poderes: aprobar leis federais (por maioría dos deputados) e leis constitucionais, que deben ser aprobadas polo Consello da Federación Rusa e firmadas polo Presidente de Rusia. anular o veto do Consello da Federación Rusa a unha lei federal por maioría de dous terzos. anular o veto do Presidente de Rusia a leis federais por maioría de dous terzos xunto con tres cuartas partes dos votos dos membros do Consello da Federación Rusa. comezar o procedemento de censura contra o Presidente de Rusia por maioría de dous terzos.
Segundo a Constitución da Federación Rusa de 1993, a Duma Estatal está composta por 450 deputados (artigo 95), elixidos para un período de catro anos (artigo 96). Os cidadáns rusos a partir de 21 anos poden ser elixidos para a Duma (artigo 97).
Composición
40pxDuma Estatal deRusia en 2007300px
Véxase tamén
Outros artigos Duma
Ligazóns externas Sitio oficial
Categoría:Política de Rusia Categoría:Cámaras baixas nacionais