Osebe foi unha estación posteriormente convertida en apeadoiro ferroviario de Adif situado en Osebe, no concello de Teo, provincia da Coruña. Ten servizos de Rexional operado por Renfe.
Situación ferroviaria Atópase no punto quilométrico 82 da liña férrea de ancho ibérico que une Redondela con Santiago de Compostela a 118 metros de altitude, entre as estacións da Escravitude e de Santiago de Compostela.Rede ferroviaria española Ministerio de Fomento
Historia Foi en 1863 cando se creou a sociedade do Ferrocarril Compostelán da Infanta Dona Isabel co propósito de unir Santiago de Compostela co Carril, no concello de Vilagarcía de Arousa.Pontevedra a Santiago (The West Galicia Railway Company Limited) Spanishrailway Esta sociedade foi vendida en 1866 a The West Galicia Railway Company Limited, compañía británica que foi quen puxo en marcha o devandito tramo o 15 de setembro de 1873 despois de once anos de traballo.
O 9 de setembro de 1928, MZOV fíxose co control de The West Galicia Railway Company Limited. Con todo esta situación só durou un ano tras ser absorbida a primeira pola Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste. En 1941, Oeste foi nacionalizada e integrada na recentemente creada RENFE quen xestionou a estación ata a separación de Renfe en Adif e Renfe Operadora o 31 de decembro de 2004.
Servizos ferroviarios Media distancia Actualizado a 1 de xaneiro de 2018. Liña MD Trens Orixe/Destino Destino/Orixe 1 Rexional A Coruña Pontevedra Santiago de Compostela Vigo-Guixar
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Eixe atlántico de alta velocidade Ligazóns externas Información sobre saídas e chegadas na web de Adif
Osebe Categoría:Teo