Vilagarcía de Arousa é unha estación de tren de Adif, situada na cidade de Vilagarcía de Arousa, na provincia de Pontevedra. Localízase na Praza da Estación, ao norte da cidade, a escasos 100 metros da estación de autobuses e a 600 m do porto, cara ao que parte un pequeno ramal.
Historia Foi inaugurada o 24 de xaneiro 1956, converténdose na principal estación da vila, que até aquela data tiña a estación de Carril como terminal de referencia.
En 2005 foi acondicionada a súa contorna ante o aumento do tráfico de viaxeiros e a posta en marcha das primeiras obras para o Eixe Atlántico de Alta Velocidade. En 2009 houbo un proxecto para derrubar parcialmente o predio de viaxeiros e construír un novo recibidor que finalmente foi desbotado.
En 2013 botaron a andar as obras para anovar o ramal portuario.
En 2014 a súa xestión foi asignada á recentemente creada Adif Alta Velocidad para a conclusión do Eixe Atlántico de Alta Velocidade. Ese mesmo ano, Ana Pastor, daquela ministra de Fomento, asistía na estación á inauguración do desdobramento da liña entre Vilagarcía e Pontevedra.
A comezos de 2017 remataron as obras de prolongación do ramal portuario, que parte desta estación cara ao peirao do Ferrazo. Os datos achegados ese ano por Renfe desprendían un aumento do número de viaxeiros na estación arousá que xa se viña producindo anos atrás.
Trens Rexionais LiñaPercorridoFicheiro:Liña G1.JPGA CORUÑA · Uxes · Cerceda-Meirama · Ordes · SANTIAGO DE COMPOSTELA · Osebe · Padrón · Pontecesures · Catoira · Vilagarcía de Arousa · Portela · Pontevedra-Universidade · PONTEVEDRA · Arcade · Cesantes · Redondela-Picota · Redondela · VIGO - GUIXAR
Media Distancia LiñaPercorridoFicheiro:Liña G1.JPGA CORUÑA · SANTIAGO DE COMPOSTELA · Padrón-Barbanza · Vilagarcía de Arousa · PONTEVEDRA · Arcade · Redondela AV · VIGO-URZÁIZ
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Lista de estacións de tren de Galicia Renfe Operadora Estación do Carril
Vilagarcía de Arousa Categoría:Arquitectura civil en Vilagarcía de Arousa Categoría:Vilagarcía de Arousa