A Galia Transalpina (en latín, Gallia Transalpina) é a zona da Galia que, desde o punto de vista romano, estaba despois dos Alpes, e incluía gran parte das actuais Francia, Bélxica e Suíza. Con todo, os romanos non consideraron que a provincia (Narbonense), o sueste francés, nin a Aquitania (suroeste francés) formasen parte da Galia, posto que non estaban habitadas apenas por celtas. Só máis tarde, cando os celtas eran xa un recordo histórico, estenderíase finalmente o nome a outros territorios.

A Galia Transalpina foi conquistada por Xulio César no século I a. C.

Notas

Categoría:Provincias romanas