Sweet Home Alabama é un filme estadounidense de comedia romántica de 2002 dirixido por Andy Tennant. Escrito por C. Jay Cox, está protagonizado por Reese Witherspoon, Josh Lucas e Patrick Dempsey. O elenco secundario inclúe a Fred Ward, Mary Kay Place, Jean Smart, Candice Bergen, Ethan Embry e Melanie Lynskey. O filme toma o seu título da canción homónima de 1974 de Lynyrd Skynyrd.

A moza Melanie reinventouse como unha personalidade da cidade de Nova York, pero debe regresar ao seu fogar en Alabama para obter o divorcio do seu esposo Jake, con quen creceu, despois de sete anos de separación.

Estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 27 de setembro de 2002, a través de Buena Vista Pictures do selo Touchstone Pictures. Aínda que recibiu unha acollida da crítica desfavorable, foi un éxito de recadación.

Personaxes

Reese Witherspoon como Melanie Carmichael (née Smooter) Dakota Fanning como Melanie de nena Josh Lucas como Jake Perry Thomas Curtis como Jake de neno Patrick Dempsey como Andrew Hennings Fred Ward como Earl Smooter Mary Kay Place como Pearl Smooter Jean Smart como Stella Kay Perry Ethan Embry como Bobby Ray Bailey Melanie Lynskey como Lurlynn Courtney Gains como Sheriff Wade Mary Lynn Rajskub como Dorothea Rhona Mitra como Tabatha Wadmore-Smith Nathan Lee Graham como Frederick Montana Candice Bergen como Kate Hennings Kevin Sussman como Barry Lowenstein Katharine Towne como Erin Vanderbilt

Notas

Categoría:Filmes de 2002 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Andy Tennant Categoría:Filmes de Touchstone Pictures Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes rodados en Xeorxia, Estados Unidos de América Categoría:Filmes rodados en Alabama Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América