Diego Valentín Gómez, nado en San Miguel (Buenos Aires) o 26 de xuño de 2003, é un futbolista arxentino que xoga como defensa central no Real Betis, da Primeira División.
Traxectoria Formouse como futbolista nas categorías inferiores do Vélez Sarsfield, debutando co primeiro equipo o 24 de febreiro de 2022 nunha derrota por 2-0 contra o Huracán. En decembro de 2024 gañou o seu primeiro título, conquistando a Liga Profesional coa camiseta de Vélez.
O 26 de xullo de 2025 fíxose oficial o seu traspaso ao Real Betis da Primeira División española, club que pagou os 5,5 millóns de euros da súa cláusula de rescisión.
Notas
Categoría:Nados en 2003 Categoría:Nados na Arxentina Categoría:Futbolistas da Arxentina Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do CA Vélez Sarsfield Categoría:Xogadores do Real Betis Balompié