Este artigo trata dos tipos de ecosistemas en auga salgada, incluíndo os organismos vivos e as súas interaccións. Para aspectos máis detallados sobre tipos específicos de ambientes en ecosistemas mariños, ver Hábitat mariño. miniatura|upright=1.3|Os arrecifes de coral forman complexos ecosistemas mariños con enorme biodiversidade. Os ecosistemas mariños son os ecosistemas acuáticos máis grandes da Terra e existen en augas cun alto contido en sal. Contrapóñense aos ecosistemas de auga doce, que teñen un menor contido de sal. As augas mariñas cobren máis do 70 % da superficie do planeta e conteñen máis do 97 % da auga terrestre e o 90 % do espazo habitable da Terra. A auga de mar ten unha salinidade media de 35 partes por mil de auga. A salinidade actual varía entre distintos ecosistemas mariños. Os ecosistemas mariños poden dividirse en moitas zonas dependendo da profundidade da auga e cracterísticas da costa. A zona oceánica é a vasta parte do océano aberto, onde viven animais como as baleas, tiburóns e atúns. A zona bentónica consta dos substratos de fondo baixo a auga onde viven moitos invertebrados. A zona intermareal é a área entre as mareas altas e baixas. Outras zonas próximas á costa (neríticas) poden incluír chairas de lodo, pradeiras mariñas, mangleirais, sistemas intermareais rochosos, marismas salinas, arecifes de coral, bosques de kelp e albufeiras. En augas profundas, poden orixinarse respiradoiros hidrotermais onde as bacterias do xofre quimiosintéticas constitúen a base da rede trófica.

Os ecosistemas mariños caracterízanse pola comunidade de organimos biolóxicos cos que están asociados e o seu ambiente físico. Algunhas das clases de organismos que se encontran nos ecosistemas mariños son: algas pardas, dinoflaxelados, corais, cefalópodos, equinodermos ou tiburóns e outros peixes.

Os ecosistemas mariños son fontes importantes de servizos do ecosistema e de alimentos e traballos para porcións significativas da poboación mundial. Os usos humanos dos ecosistemas mariños e a contaminación en ecosistemas mariños son feitos significativos para a estbilidade destes ecosistemas. Entre os problemas ambientais que afectan os ecosistemas mariños están a explotación insustentable dos recursos mariños (por exemplo, a sobrepesca de certas especies), a contaminación mariña, o cambio climático e a edificación en áreas costeiras. Ademais, gran parte do dióxido de carbono que causa o quecemento global e a calor capturada polo quecemento global é absorbida polo océano, fai que a química oceánica estea cambiando por procesos como a acidificación do océano que á súa vez ameaza os ecosistemas mariños.

Debido ás oportunidades que brindan os ecosistemas mariños aos humanos e as ameazas creadas polos humanos, a comunidade internacional priorizou a "Vida baixo a auga" como o Obxectivo para o Desenvolvemento Susentable 14.Ritchie, Roser, Mispy, Ortiz-Ospina. "Measuring progress towards the Sustainable Development Goals. SDG 14" SDG-Tracker.org, website (2018). O obxectivo é "conservar e usar sustentablemente os océanos, mares e recursos mariños para o desenvolvemento sustentable".United Nations (2017) Resolution adopted by the General Assembly on 6 July 2017, Work of the Statistical Commission pertaining to the 2030 Agenda for Sustainable Development (A/RES/71/313)

Tipos ou localizacións

Ecosistemas costeiros mariños miniatura|upright=2|Distribución global da diversidade do coral, mangleirais e pradeiras mariñas

Arrecifes de coral miniatura|Arrecife de coral.

Os arrecifes de coral son un dos ecosistemas mariños mellor coñecidos, e o máis grande é o da Gran Barreira de Coral australiana. Estes arrecifes están compostos por grandes colonias de corais de diversas especies que viven xuntos. Os corais forman múltiples relacións simbióticas cos organismos que os rodean.

Mangleirais miniatura|Mangleiral.

Os mangleiros son árbores ou arbustos que crecen en solos con baixo nivel de oxíxeno preto das costas en latitudes tropicais ou subtropicais. Son un ecosistema extremadamente produtivo e complexo que conecta a terra co mar. Os mangleiros son un grupo de especies que non están necesariamente relacionadas entre si e a miúdo agrúpanse polas características que comparten e non pola súa semellanza xenética. Debido á súa proximidade á costa, todos desenvolveron adaptacións como a excreción de sal e aireación das raíces en auga salgada e con pouco oxíxeno. Os mangleiros poden xeralmene recoñecerse polo seu denso enguedello de raíces que actúan protexendo a costa ao reduciren a erosión das tormentas, correntes, ondas e mareas. O ecosistema do mangleiral é tamén unha importante fonte de alimento para moitas especies así como excelentes no secuestro de dióxido de carbono da atmosfera cun almacenamento de carbono global estimado en 34 millóns de toneladas métricas por ano.

Pradeiras mariñas miniatura|Pradeiras acuáticas de plantas mariñas As plantas mariñas forman densas pradeiras mariñas baixo a auga que están entre os ecosistemas máis produtivos no mundo. Proporcionan uns hábitats e alimento para unha diversidade de vida mariña comparable coa dos arrecifes de coral. Isto inclúe invertebrados como gambas e cangrexos, bacallau e peixes planos, mamíferos mariños e aves. Proporcionan refuxio a especies en perigo, como os cabalos de mar, tartarugas e dugongos. Funcionan como hábitats de criadeiro para camaróns, vieiras e moitas especies de peixes comerciais. As pradeiras de plantas mariñas proporcionan protección contra as tormentas costeiras porque as súas follas absorben enerxía das ondas que baten na costa. Manteñen as augas costeiras en bo estado de saúde ao absorberen bacterias e nutrientes e ralentizan o cambio climático ao secuestraren o dióxido de carbono no sedimento do leito do océano.

As plantas mariñas evolucionaron, como todas as plantas, de algas mariñas que colonizaron a terra e convertéronse en plantas terrestres, pero despois tornaron á vida no océano hai uns 100 millóns de anos. Porén, as pradeiras das plantas mariñas actuais están sendo prexudicadas polas actividades humanas como a contaminación por escorredura superficial procedente da terra, barcos de pesca que arrastran redes arrancando as plantas, e a sobrepesca que desequilibra o ecosistema. As pradeiras de plantas mariñas están sendo destruídas actualmente a unha velocidade duns dous campos de fútbol por hora..

Bosques de kelp miniatura|Bosque de kelp.

Os bosques de kelp crecen en todo o mundo en zonas costeiras de océanos temperados e polares.Mann, K.H. 1973. Seaweeds: their productivity and strategy for growth. Science 182: 975-981. En 2007, os bosques de kelp tamén se descubriron en augas tropicais de Ecuador.Graham, M.H., B.P. Kinlan, L.D. Druehl, L.E. Garske, and S. Banks. 2007. Deep-water kelp refugia as potential hotspots of tropical marine diversity and productivity. Proceedings of the National Academy of Sciences 104: 16576-16580.

Os bosques de kelp, que están formados por macroalgas pardas, proporcionan un hábitat único para os organismos mariñosChristie, H., Jørgensen, N.M., Norderhaug, K.M., Waage-Nielsen, E., 2003. Species distribution and habitat exploitation of fauna associated with kelp (Laminaria hyperborea) along the Norwegian coast. Journal of the Marine Biological Association of the UK 83, 687-699. e serven para comprender moitos procesos ecolóxicos. No último século, fixéronse moitas investigacións sobre eles, especialmente en ecoloxía trófica e continúan xerando importantes ideas que son relevantes máis alá deste eosistema único. Por exemplo, os bosques de kelp poden influír nos padróns oceanográficos costeirosJackson, G.A. and C.D. Winant. 1983. Effect of a kelp forest on coastal currents. Continental Shelf Report 2: 75-80. e proporcionan moitos servizos do ecosistema.Steneck, R.S., M.H. Graham, B.J. Bourque, D. Corbett, J.M. Erlandson, J.A. Estes and M.J. Tegner. 2002. Kelp forest ecosystems: biodiversity, stability, resilience and future. Environmental Conservation 29: 436-459.

Porén, a influencia dos humanos contribuíu a miúdo á degradación dos bosques de kelp. Especilmente preocupantes son os efectos da sobrepesca en ecosistemas preto da costa, que pode liberar os herbívoros, como os ourizos de mar, da súa regulación poboacional normal e resulta nun sobreconsumo do kelp e outras algas.Sala, E., C.F. Bourdouresque and M. Harmelin-Vivien. 1998. Fishing, trophic cascades, and the structure of algal assemblages: evaluation of an old but untested paradigm. Oikos 82: 425-439. Isto pode orixinar rapidamente transicións a paisaxes ermos nos que persisten poucas especies.Dayton, P.K. 1985a. Ecology of kelp communities. Annual Review of Ecology and Systematics 16: 215-245.Norderhaug, K.M., Christie, H., 2009. Sea urchin grazing and kelp re-vegetation in the NE Atlantic. Marine Biology Research 5, 515-528 Pola combinación dos efectos da sobrepesca e o cambio climático, os bosques de kelp desapareceron en moitos lugares especialmente vulnerables, como a costa leste de Tasmania e a costa do Norte de California. A creación de áreas mariñas protexidas é unha estratexia de xestión útil para enfrontarse a estes problemas, xa que pode limitar os efectos da pesca e tamponar o ecosistema dos efectos aditivos dutros estresantes ambientais.

Estuarios miniatura|Estuarios

Os estuarios fórmanse nas desembocaduras de ríos onde hai un cambio significativo de salinidade entre a auga salgada e a doce e están afectados pola marea. A vida silvestre que se encontra nos estuarios é moi característica porque a auga destas zonas é salobre, unha mestura de auga oceánica salgada e doce fluvial. Existen tamén outros tipos de estuarios que teñen similares características ás dos tradicionais estuarios salobres. Os que se forman en lagos son un bo exemplo. Neles, a auga do río mestúrase coa auga do lago e crea estuarios de auga doce. Os estuarios son ecosistemas extremadamente produtivos dos que dependen moitas persoas e animais para as súas actividades. Das 32 máis grandes cidades do mundo, 22 están localizadas en estuarios, xa que proporcionan moitos beneficios ambientais e económicos como hábitat fundamental para moitas especies, e son centros económicos para moitas comunidades costeiras. Os estuarios tamén proporcionan servizos do ecosistema esenciais, como filtración da auga, protección do hábitat, control da erosión, regulación dos ciclos de nutrientes, e tamén serven para a educación, recreo e turismo.

Lagoas costeiras miniatura|Lagoa costeira.

As lagoas costeiras e albufeiras son áreas que están separadas dun mar ou corpo de auga maior por barreiras naturais como barras de area ou arrecifes de coral. Poden ser de dous tipos: costeiras e oceánicas (atol). Unha lagoa costeira é a que está separada do océano por unha barreira de forma total ou permanente ou con algunha comunicación co océano. Un atol é un arrecife de coral circular ou varias illas de coral que rodean unha lagoa e adoitan ser moito mái profundas que as lagoas costeiras. A maioría das lagoas costeiras son moi pouco profundas, o que significa que están moi afectadas polos cambio nas precipitacións, evaporación e ventos. Isto implica que a súa salinidade e temperatura varían amplamente nelas e que as súas augas poden variar de doces a hipersalinas. Poden encontrarse na costas de todo o mundo, excepto na Antártida, e son un hábitat extremadamente diverso que alberga unha ampla variedade de especies como aves, peixes, cangrexos, plancto entre outros. Son tamén importantes para a economía e proporcionan moitos servizos do ecosistema, como caladoiros de pesca, ciclo dos nutrientes, proteccións contra as cheas, filtración da auga e incluso tradicións humanas.

Marismas salinas miniatura|Marismas salinas