Víctor Pérez Estévez, nado en Vigo o 14 de novembro de 1972, é un escritor galego.
Traxectoria
Nado en Vigo e criado no barrio de Coia, reside en Panxón. Traballa no sector dos servizos inmobiliarios. Foi premiado en diversas convocatorias literarias e resultou gañador do XXIX Certame de Poesía Francisco Añón, convocado polo Concello de Outes, coa obra Non plantaremos o millo en abril. Para Xulio López Valcárcel «Memoria, finitude, dor, renovación, esperanza…, son conceptos ou, máis que conceptos, sentimentos que definen o libro de Pérez Estévez».
Obras
Non plantaremos o millo en abril (2026). Malpica: Ed. Caldeirón. 68 páxs. ISBN 978-84-128069-6-0.
Premios
2024: Gañador do concurso de microrrelatos OzocoGZ no Carballiño, por Revelación. 2025: Gañador do XXIX Certame de Poesía Francisco Añón, convocado polo Concello de Outes, coa obra Non plantaremos o millo en abril. 2025: Segundo Premio no I Concurso de Poesía «Escribe un poema a María Magdalena», organizado pola Concellería de Cultura de Mos, por Versos de alborada.
Notas
Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1972 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia