Arona Sané, nado en Sindia (Thiès, Senegal) o 21 de xuño de 1995, é un futbolista senegalés que xoga na posición de extremo. Na tempada 2026/27 forma parte da SD Sarriana da Terceira Federación.
Traxectoria en clubs Atlético de Madrid Tras comezar a súa formación no Casa Sports e no ASC Jamoral, en 2009 ingresou nas categorías inferiores do Atlético de Madrid á idade de 14 anos. Durante a tempada 2013/14 realizou o seu debut sénior co Atlético de Madrid C da Terceira División.
Na tempada 2015/16 Sané foi promovido ao Atlético de Madrid B, naquela altura novamente na Terceira División. Na campaña 2016/17 contribuíu a alcanzar o ascenso á Segunda División B, aínda que sufriu unha lesión no xeonllo e non puido participar no última partido da fase de promoción.
O debut de Sané co primeiro equipo na Primeira División tivo lugar o 6 de maio de 2018, cando foi substituto do lesionado Vitolo nunha derrota por 0-2 contra o RCD Espanyol.
Istra 1961 En xullo de 2018 anunciouse a chegada de Sané ao NK Istra 1961 da Druga HNL.
Langreo O 23 de agosto de 2021 foi presentado como novo xogador da UP Langreo da Segunda División RFEF.
Alondras En febreiro de 2022 pasou a formar parte do Alondras CF da Terceira División RFEF.
Viveiro En agosto de 2022 asinou un novo contrato co Viveiro CF da Terceira Federación.
Sarriana Sané foi fichado pola SD Sarriana da Preferente Galicia no final da tempada 2022/23. En xuño de 2026 renovou por quinta vez co equipo galego, naquela altura na Terceira Federación.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Arona Sané en LaPreferente.com
Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados no Senegal Categoría:Futbolistas do Senegal Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid C Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid B Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid Categoría:Xogadores do NK Istra 1961 Categoría:Xogadores do Alondras CF Categoría:Xogadores do UP Langreo Categoría:Xogadores do Viveiro CF Categoría:Xogadores da SD Sarriana