miniatura|As normas de competencia xudicial internacional tentan concretar cal das diferentes xurisdicións nacionais é a máis idónea para coñecer dun determinado litixio. A competencia xudicial internacional é a facultade dos órganos xurisdicionais dun Estado para coñecer dos litixios derivados de situacións privadas que presenten unha nota de internacionalidade relevante, sempre dentro dos límites e nas condicións que establezan as normas de competencia xudicial internacional.
Son dous os escenarios nos que un órgano xurisdicional se considera competente respecto dun determinado litixio:
Ser un órgano obxectivamente idóneo para coñecer dese caso, idoneidade que se determina en atención a unha serie de normas de competencia que empregan criterios coma os de residencia ou localización dun ben para determinar se un órgano garda a suficiente vinculación cun caso. Ser un órgano que resultou elixido para coñecer dun determinado conflito, suposto no que a proximidade necesaria para coñecer dun asunto cede en aras de garantir que a vontade de dous particulares de litigar ante un determinado órgano sexa respectada.
Notas
Categoría:Dereito internacional