O Parque Provincial de Miguasha (en francés: Parc national de Miguasha) é unha área protexida preto de Carleton-sur-Mer, na península de Gaspé, no Quebec, no Canadá. Creado en 1985 polo Goberno do Quebec, Miguasha designouse Patrimonio da Humanidade da UNESCO en 1999 en recoñecemento da súa riqueza de fósiles, que mostran un momento crucial durante a evolución da vida na Terra. Outros nomes para este sitio son o sitio fósil de Miguasha, o sitio fósil da baía de Escuminac, a formación de Escuminac do Devónico superior e os cantís de Hugh-Miller. Ás veces tamén se lle chama nos exemplares fósiles "baía de Scaumenac" ou "baía de Scaumenac P.Q."
Museo de Historia Natural de Miguasha thumb|left|250px|Parque Nacional de Miguasha (Quebec): afloramento dos leitos devonianos ricos en peixes fósiles. thumb|left|250px|Bothriolepis, un antiarca placodermo fósil atopado neste sitio. O museo do parque presenta exposicións sobre os fósiles e a paleontoloxía do parque. A colección do museo inclúe máis de 9.000 exemplares de peixes fósiles e plantas.
Xeoloxía Os cantís costeiros son estratos do Devónico superior de rocha gris sedimentaria pertencentes á Formación Escuminac. Están compostos por capas alternas de arenita e lousa, que teñen entre 350 e 375 millóns de anos de antigüidade. A área hoxe alberga principalmente bosques de bidueiros, álamos e abetos.
Importancia paleontolóxica Algúns dos peixes, fauna e fósiles de esporas atopados en Miguasha son especies raras e antigas.Por exemplo, pénsase que Espermatófita é un dos xéneros de plantas con sementesSegundo a referencia, pero posiblemente significasen 'planta con sementes'. máis antigos da Terra.
Notas
Referencias
Véxase tamén
Outros artigos Patrimonio da Humanidade no Canadá
Ligazóns externas Páxina oficial Parcs Québec: Parc National de Miguasha (english) UNEP-WCMC profile World Heritage List: Miguasha National Park
Categoría:Patrimonio da Humanidade no Canadá