Clemens Thotungal,Tamén Clement Thottungal C.I.M., nado o 16 de abril de 1909 en Kandassankadavu (Reino de Kochi) e finado o 15 de setembro de 1991, foi un relixioso siro-malabar indio, primeiro bispo de Sagar entre 1977 e 1986. Traxectoria Naceu o 16 de abril de 1909 en Kandassankadavu, unha vila do Reino de Kochi (actualmente no estado de Kerala). Ingresou nos Carmelitas de María Inmaculada, e o 24 de novembro de 1938 foi ordenado sacerdote.
O 29 de xullo de 1968 foi nomeado exarca apostólico de Sagar. Coa elevación do exarcado apostólico ao rango de eparquía, o 26 de febreiro de 1977 foi nomeado o seu primeiro bispo diocesano. Recibiu a consagración episcopal o 25 de abril do mesmo ano, de mans do arcebispo de Bhopal Eugene Louis D'Souza, e tivo como co-consagradores principais ao bispo de Indore George Marian Anathil e ao bispo de Jabalpur Théophane Matthew Thannickunnel.
Retirouse o 20 de decembro de 1986. Finou o 15 de setembro de 1991.
Notas
Categoría:Nados en 1909 Categoría:Nados en Kerala Categoría:Finados en 1991 Categoría:Relixiosos católicos da India Categoría:Carmelitas de María Inmaculada Categoría:Bispos católicos da India Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Bispos da Igrexa católica siro-malabar