Happy Birthday (en ) é un filme dramático exipcio de 2025 coescrito e dirixido por Sarah Goher no seu debut como directora. Está protagonizado por Nelly Karim, Hanan Motawie, Sherif Salama, Aly Sobhy e Doha Ramadan. Conta a historia dunha serventa de 8 anos que fai unha festa de aniversarios para a súa amiga de clase alta.
Happy Birthday estreouse no Festival de Cinema de Tribeca o 5 de xuño de 2025, onde foi galardoada co premio á mellor longametraxe narrativa internacional, así como co premio Nora Ephron e co premio ao mellor guión nunha longametraxe narrativa internacional. Foi escollido como candidato de Exipto para o Óscar ó mellor filme internacional na 98ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse Toha, unha nena de oito anos que traballa como criada para unha familia rica no Cairo, está decidida a organizar unha festa de aniversario perfecta para Nelly, a filla do seu xefe. Porén, a xerarquía social entre xefe e criada obriga á moza a enfrontarse a unha dura realidade.
Personaxes
Nelly Karim como Laila Doha Ramadan como Toha Hanan Motawie como Nadia Sherif Salama como Asser Ali Sobhi como secuestrador do Toktok Hanan Youssef como avoa Khadija Ahmed como Nelly Jomana Ibrahim como Fatma Fares Mohamed como Fathy Hazem Ehab como caixeiro de pastelaría Samir Gohar como seguridade do conxunto Gehad Hossam como vendedora de tenda de roupa 1 Yasmeen El Hawary como vendedora de tenda de roupa 2 Adel Mohamed como neno con pintura na cara Osama Mahmoud como seguridade do parque de atraccións Karim Indomy como bocinador de coche Enas Radwan como nena da rúa
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Exipto propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 98ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2025 Categoría:Filmes en lingua árabe Categoría:Filmes de Exipto Categoría:Filmes rodados en Exipto