A Coalición Climática Global (CCG; en inglés, Global Climate Coalition ou GCC) foi un grupo internacional de presión ou lobby de empresas que se opuñan ás medidas para reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro e cuestionaban publicamente a ciencia sobre o cambio climático e o quecemento global.

A CCG foi o maior grupo industrial activo na política climática e o defensor industrial máis destacado nas negociacións internacionais sobre o clima. Participou na oposición ao protocolo de Quioto e desempeñou un papel importante no bloqueo da ratificación polos Estados Unidos. A coalición sabía que non podía negar a ciencia, pero procurou sementar dúbidas sobre o consenso científico sobre o cambio climático e fabricar unha controversia.

A CCG comezou a súa actividade en 1989 e foi disolta en 2001 despois de que o número de membros diminuíse debido a unha mellor comprensión do papel dos gases de efecto invernadoiro no cambio climático e ás críticas públicas. Declarou que o seu obxectivo principal fora cumprido: o presidente dos Estados Unidos George W. Bush retirou os EUA, que por si sós representaban case unha cuarta parte das emisións mundiais de gases de efecto invernadoiro, do protocolo de Quioto, e o Senado non ratificou o tratado. Isto fixo que as reducións vinculantes das emisións globais fosen inalcanzables.

Reaccións En 2015, a Union of Concerned Scientists comparou o papel do GCC no debate de política pública sobre o cambio climático co papel do Tobacco Institute ( o grupo de presión da industria tabaqueira) no debate de política pública sobre a seguridade do tabaco, e o Council for Tobacco Research (Consello para a Investigación do Tabaco), que promovía ciencia enganosa.: Coa saída de membros importantes, o GCC anunciou no ano 2000 que pasaría por umha “reestruturación estratéxica”, da mesma forma que a industria do tabaco, que, baixo crecente presión, renunciou ao seu brazo de lobby (o Tobacco Institute) e á súa ala dedicada a promover a ciencia enganosa sobre as ligazóns entre tabaco e doenzas (o Council for Tobacco Research) como parte do acordo principal de 1998 cos estados dos EUA. : A estratexia baseouse en tácticas pioneiras do sector de tabaco na década de 1960, para promover a dúbida e a incerteza na mente do público de que as accións humanas non estaban contribuíndo para o quecemento global.

O ambientalista Bill McKibben afirmou que, ao promover a dúbida sobre a ciencia, «ao longo da década de 1990, mesmo cando outras nacións tomaron medidas, a Coalición Climática Global da industria dos combustibles fósiles conseguiu que os xornalistas estadounidenses tratasen o quecemento acelerado como unha historia de 'el dixo, ela dixo''' ».

Segundo Los Angeles Times, os membros do CCG integraron proxeccións de modelos climáticos na súa planificación operativa, á vez que criticaron publicamente estes modelos.: O'Keefe afirmou que ninguén na coalición negaba a existencia do quecemento global, pero había incerteza sobre a capacidade dos modelos para proxectar o seu impacto futuro. Do que estaban seguros os membros da coalición, segundo el, era de que calquera redución de emisións esixida polo goberno tería "un claro impacto negativo", incluíndo o desemprego, os prezos da enerxía máis altos e un declive no nivel de vida dos Estados Unidos. Con todo, no que respecta aos seus propios investimentos, os membros da coalición confiaban en proxeccións científicas, desde a subida do nivel do mar até o derretemento do permafrost - para proxectar e protexer investimentos multimillonarios en oleodutos, desenvolvementos de gas e plataformas de petróleo offshore.

O ex vicepresidente Al Gore cualificou a campaña para bloquear as medidas climáticas impulsada polas compañías petroleiras como «o crime máis grave da era posterior á segunda guerra mundial». Membros Entre os membros da organización figuraron os seguintes grupos empresariais, asociacións sectoriais e compañías:

American Electric Power American Farm Bureau Federation American Highway Users Alliance American Iron and Steel Institute American Paper Institute (American Forest & Paper Association) American Petroleum Institute Amoco Atlantic Richfield Company Association of American Railroads Alliance of Automobile Manufacturers British Petroleum Chemical Manufacturers Association (American Chemistry Council) Chevron DaimlerChrysler Dow Chemical Company DuPont Edison Electric Institute Enron ExxonMobil, por medio dos seus dous antecesores Ford Motor Company General Motors Company Illinois Power Automobile Manufacturers Association National Association of Manufacturers National Coal Association National Mining Association National Rural Electric Cooperative Association Ohio Edison Phillips Petroleum Shell Oil Southern Company Texaco Union Electric Company Cámara de Comercio dos Estados Unidos

Notas

Bibliografía

. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Ligazóns externas

Páxina de inicio do GCC: non está activa desde marzo de 2006; versión arquivada. "A operación secreta para negar o cambio climático e como afecta ao mundo actual" - Informe recente sobre a coalición publicado pola BBC. O poder das grandes petroleiras'' : documental sobre a desinformación promovida pola industria petroleira.

Outros artigos

IPCC (Grupo intergobernamental sobre o cambio climático)

Categoría:Medio ambiente dos Estados Unidos de América Categoría:Petróleo Categoría:Negacionismo Categoría:Clima Categoría:Climatoloxía