Luis Castro Lois, nado en Ribadumia o 6 de abril de 2002, é un futbolista galego que xoga na posición de lateral esquerdo. O seu equipo actual é o Arousa da Terceira Federación.

Traxectoria Tras formarse na Escola Deportiva de Arousa SD e na base do Pontevedra Club de Fútbol, en 2019 incorporouse ás categorías inferiores do Club Deportivo Lugo. O 30 de decembro de 2020, antes mesmo de xogar co filial lucense, debutou co primeiro equipo como titular nunha vitoria ante o CA Pulpileño na Copa do Rei 2020/21. O 21 de xaneiro de 2021 xogou a seguinte rolda do mesmo torneo, entrando como substituto de Gerard Valentín nun partido contra o Girona FC que finalizou cunha derrota para o Lugo por 1-2.

O 1 de abril de 2021, Luis Castro debutou na Segunda División como substituto de Hugo Rama nun encontro do Lugo ante a UD Las Palmas. Posteriormente foi xogador habitual no Polvorín FC, sendo parte do equipo que alcanzou o ascenso histórico á Segunda Federación en abril de 2022. O 12 de xullo de 2023 anunciouse a súa fichaxe polo Racing Vilalbés.

En xuño de 2024, Luis Castro asinou polo Arousa da Terceira Federación. No verán de 2025 renovou o seu contrato co club arousán para xogar a seguinte tempada.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Luis Castro en LaPreferente.com

Categoría:Nados en 2002 Categoría:Nados en Ribadumia Categoría:Futbolistas da provincia de Pontevedra Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do CD Lugo B Categoría:Xogadores do Racing Vilalbés Categoría:Xogadores do Arosa SC