Manuel Vidal Quadras y Ramón, nado en Maracaibo, Venezuela, o 20 de abril de 1816 e finado en Barcelona o 20 de maio de 1894, foi un banqueiro, empresario e numismático catalán.
Traxectoria
Orixe familiar e primeiros anos Manuel Vidal Quadras naceu en Maracaibo o 20 de abril de 1816, no seo dunha familia dedicada ao comercio asentada alí e fiel ao Reino de España en plena época da insurxencia independentista. Foi o fillo primoxénito de Ana Ramón y Marques (1799-1828)" Ana Ramon Marques". Geneanet.org e de Manuel Vidal y Quadras (1783-1861),"Manuel Bonaventura Joseph Vidal Quadras". Geneanet.org ambos nados en Cataluña e casados nesa cidade venezolana no propio 1816.Mora Serrano, B. "Manuel Vidal Quadras y Ramón". Historia Hispánica. Real Academia de la Historia (RAH.es).Rodrigo y Alharilla, M. (2009).
A vitoria dos insurxentes levou a familia a se exiliar en Santiago de Cuba, onde en 1833 fundaron a compañía Vidal Quadras, dedicada á banca e consignataria de buques, inicialmente xestionada polo seu pai e o irmán deste, Alejo, ata que en 1836, Manuel Vidal Quadras y Ramón acadou a condición de socio da sección de comercio, que pasou a denominarse Vidal Hermanos e Hijo.Castañeda, Ll.; Rodrigo, M. (2005).
Traxectoria empresarial Á medida que o seu pai e o seu tío ían abandonando a empresa, Manuel foise facendo cargo dos negocios familiares en Cuba, xunto cun dos seus irmáns máis novos, Alejo Vidal Quadras y Ramón: Así as cousas, o 2 de xaneiro de 1844 ambos os irmáns pasaron a dirixir os intereses empresariais da familia, baixo a nova denominación de Vidal Hermanos. miniatura|300x300px|A Casa Vidal Quadras, construída en Barcelona para ser sede dos negocios familiares. O 21 de abril de 1849, Manuel abandonou Cuba e instalouse en Barcelona, e o seu irmán Alejo fixo o mesmo o ano seguinte. Na capital catalá, os irmáns Vidal Quadras y Ramón estableceron a base dos seus negocios e construíron dous edificios para a sede da nova compañía, chamada agora Banca Vidal Quadras, dedicada máis á banca e en menor medida como navieira e consignataria de buques. No comezo da década de 1880, a entidade dos irmáns Vidal Quadras chegou a ser a segunda compañía bancaria-mercantil de Barcelona, por detrás de Crédito Industrial Fabril y Mercantil, e foi quen de se manter malia a crise financeira desatada a partir de 1882.
A colección numismática Vidal Quadras Paralelamente ao seu labor empresarial, Manuel Vidal Quadras y Ramón foi un importante coleccionista numismático, unha afección iniciada xa en Cuba cando tiña apenas 16 anos e que se foi nutrindo en particular logo de se establecer en Barcelona, con importantes adquisicións tanto en España como noutros países. Cun volume de máis de 14.000 exemplares, chegou a ser unha das coleccións privadas máis relevantes de España na época, sinaladamente nalgunhas series, como é o caso das 232 moedas visigodas, 334 áureos romanos e 121 sólidos.
Vidal Quadras puxo a súa colección ao dispor dos investigadores numismáticos do seu tempo, e así aparece citada en traballos de Álvaro Campaner e de Antonio Delgado. Ademais, en 1888 Vidal expuxo a súa colección no Museo Martorell no marco do Exposición Universal de Barcelona, e esta foi obxecto dunha primeira publicación, a modo de compendio.Compendio del Catálogo de la Colección de monedas y medallas de D. Manuel Vidal Quadras y Ramón de Barcelona. Barcelona, 1888. Uns anos despois, en 1892, levouse a cabo a edición do catálogo completo en catro volumes, redactado polo propio Vidal e publicado coa mediación de Arturo Pedrals y Moliné.Vidal Quadras y Ramón, M. (1892). Catálogo de la colección de monedas y medallas de Manuel Vidal Quadras y Ramón de Barcelona. Tomo I; Tomo II; Tomo III; Tomo IV. López Robert, Barcelona."Introdución" de Leandre Villaronga no primeiro volume da reedición do catálogo en 1975.
Logo do seu pasamento, os seus herdeiros negociaron o futuro da colección co Concello de Barcelona e co numismático estadounidense Archer Milton Huntington, da Hispanic Society of América, mais ao non se chegar a un acordo, esta foi adquirida polo comerciante numismático parisiense Émile Bourgey, que posteriormente a sacou a poxa pública en dous lotes: un de moeda romana, en 1913,Bourgey, E. (1913). Monnaies de l'empire romain, provenant d'une vieille et célèbre collection. París. e outro de moedas e medallas papais, en 1914.Bourgey, E. (1914). Monnaies des Papes. Vente aux enchères publiques. París. Antes da súa venda, Bourgey obtivo impresións en xeso dalgúns exemplares, que pasaron a se conservar no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico.
Así e todo, preto de trescentos exemplares foron conservados no Museo Provincial de Antigüidades de Barcelona e, finalmente, pasaron aos fondos do Gabinete Numismático de Cataluña, cando este se constituíu en 1931. Ademais das pezas numismáticas, na colección había tamén algunhas de carácter arqueolóxico, parte das cales se conservan no Museo Arqueolóxico de Barcelona.
Vida persoal O 15 de xullo de 1844, Manual Vidal-Quadras y Ramón casou coa alemá Isabel Bauch Walter, con quen non tivo descendencia.
Logo do falecemento de Vidal Quadras Manuel Vidal-Quadras o 20 de maio de 1894, o seu irmán abandonou a dirección da compañía familiar e deixouna nas mans dos seus tres fillos, Alejo, Carlos e Luis Vidal-Quadras Villavecchia, ata que estes decidiron disolvela en 1912.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Castañeda, Ll.; Rodrigo, M. (2005). “Los Vidal Quadras, familia y negocios (1833-1871)”. En Barcelona Quaderns d’Història. Nº 11. Páxina 115-144. Rodrigo y Alharilla, M. (2009). “Una saga de banqueros: la familia Vidal-Quadras”. En Historia social. Nº 64. Fundacion Instituto de Historia Social. Páxinas 99-119.
Categoría:Nados en Maracaibo Categoría:Nados en 1816 Categoría:Finados en 1894 Categoría:Personalidades da banca Categoría:Numismáticos de Cataluña Categoría:Empresarios de España Categoría:Coleccionistas Categoría:Personalidades sen imaxes