A Costa do Azar é o nome turístico dado á costa do mar Balear, no Mediterráneo, situada na provincia de Castelló (España) e constituída por uns 120 km de praias e calas. O seu nome provén do azar, flor da laranxeira e cultivo por excelencia da provincia. Limita ao norte coa Costa Daurada (Tarragona) e ao sur coa Costa de Valencia (provincia de Valencia).

Delimitación xeográfica Tradicionalmente a denominación de Costa do Azar tamén comprendeu á costa da provincia de Valencia, mesmo até o cabo da Nau (Alacant). Porén, a oficialización da marca turística para referirse só á provincia de Castelló fixo que a denominación turística para a costa da provincia de Valencia se denomine simplemente Costa de Valencia. Coexiste tamén coa denominación en valenciano menos estendida de Costa dels Tarongers.

Municipios As localidades situadas na Costa do Azar, de norte a sur, son Vinaròs, Benicarló, Peníscola, Alcalà de Xivert, Torreblanca, Cabanes, Orpesa, Benicàssim, Castelló de la Plana, Almassora, Borriana, Nules, Moncofa, Xilxes, La Llosa e Almenara.

As capitais por excelencia son Benicàssim e Peníscola, xa que estes municipios son o gran foco turístico da costa.

Descrición Tendo en conta a marca turística e non o tramo de costa comprendido entre o delta do Ebro e o Cabo da Nau, «Costa Azar» só comprendería a costa da provincia de Castelló, e por tanto, na mesma, o turismo de sol e praia. Este contrasta coas paraxes naturais protexidas da Serra de Irta (macizo montañoso paralelo á costa practicamente inalterado), a zona húmida do Prat de Cabanes-Torreblanca, as paraxes do Deserto das Palmas e as súas vistas da costa, ou a Reserva Natural das Illas Columbretes a 56 km da costa.

Natureza A Costa do Azar ten como vexetación natural típica a matogueira mediterránea formada, entre outras, pola palmeira anana (Chamaerops humilis L.), única palmeira endémica de Europa); a carrasca (Quercus coccifera L.); o lentisco, (Pistacia lentiscus L.); o cimbro da Miera (Juniperus oxycedrus L. var. macrocarpa); o espiño negro (Crataegus Calpodendron); o piñeiro manso, o piñeiro carrasco e o fiúncho (Foeniculum vulgare).

O desenvolvemento urbanístico do litoral destruíu gran parte desta vexetación endémica. Foi substituída por cultivos de árbores froiteiras (principalmente laranxeiras) e exemplares ornamentais de palmeira datileira.

Lecer Existe tamén turismo de festivais na costa castellonenca, con ofertas musicais como o Arenal Sound Festival (Borriana), o Festival Internacional de Benicàssim e o Electrosplash Music Festival en Vinaròs.

Á parte da constante oferta lúdica e de lecer da capital, tamén se atopan próximos ao mar pequenos enclaves como a poboación fortificada de Mascarell ou as pequenas vilas mariñeiras da costa. Galería de imaxes

Notas

Categoría:Costas de España Categoría:Provincia de Castelló