Fernando Martín Carreras, nado en Valencia o 27 de agosto de 1981 e finado en Padar (Indonesia) o 27 de decembro de 2025, foi un futbolista e adestrador valenciano. Xogaba na posición de defensa.

Traxectoria como xogador Comezou a súa carreira no Pego e no Eldense. Tras dúas tempadas no Benidorm de Segunda División B, o 30 de xullo de 2007 fichou pola Cultural y Deportiva Leonesa. En xullo de 2008 asinou polo Alcoyano, equipo no que foi nomeado capitán e que axudou a ascender á Segunda División en 2011. Tras o descenso do club ao finalizar a Segunda División 2011/12, Martín fichou polo Cartagena e posteriormente polo Ontinyent. En 2014 asinou polo Club de Fútbol La Nucía e finalmente xogou no Paterna, equipo no que se retirou en 2016.

Traxectoria como adestrador Tras retirarse como xogador profesional, Fernando Martín traballou durante nove anos como adestrador das categorías inferiores do Valencia Féminas CF. No ano 2025 foi nomeado adestrador do filial do club valenciano na Terceira Federación Feminina.

Falecemento Fernando Martín faleceu o 27 de decembro de 2025, tras naufragar o barco no que viaxaba nas costas da illa indonesia de Padar. No mesmo accidente finaron tres dos seus fillos, mentes que a súa esposa e outra filla sobreviviron.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Fernando Martín en BDFutbol Fernando Martín en LaPreferente.com

Categoría:Nados en 1981 Categoría:Finados en 2025 Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Futbolistas da Comunidade Valenciana Categoría:Xogadores do CD Alcoyano Categoría:Xogadores do Benidorm CF Categoría:Xogadores do CD Eldense Categoría:Xogadores da Cultural Leonesa Categoría:Xogadores do FC Cartagena Categoría:Xogadores do Ontinyent CF Categoría:Xogadores do CF La Nucía Categoría:Finados en accidente Categoría:Nados en Valencia Categoría:Adestradores de fútbol de España