O termo cinema de Colombia ou cinema colombiano refírese ás producións cinematográficas realizadas en Colombia ou consideradas colombianas por outras razóns. O cinema colombiano, como calquera cinema nacional, é un proceso histórico cunha dimensión industrial e artística.

O cinema colombiano non logrou ser rendible como industria ao longo da súa historia, o que impediu que exista continuidade na produción e no emprego de realizadores e técnicos. Durante as primeiras décadas do século XX existiron algunhas compañías que tentaron manter un nivel constante de produción, mais a falta de apoio económico e a forte competencia estranxeira terminaron por malograr as iniciativas. Nos anos oitenta, a recentemente creada Compañía de Fomento Cinematográfico (FOCINE) de carácter estatal, permitiu que se realizasen algunhas producións. Porén, a compañía tivo que ser liquidada a principios dos anos noventa.El Cine en la Ultima Década del siglo XX: Imágenes Colombianas

A partir do ano 2003, houbo unha crecente actividade cinematográfica grazas á Lei de Cinema, que permitiu que no país renacesen as iniciativas ao redor da actividade cinematográfica, a través da creación do Fondo para o Desenvolvemento Cinematográfico (FDC).

Historia miniatura|Irmáns Di Domenico, empresarios e realizadores de cinema. A historia do cinema en Colombia comeza en 1897 cando se rexistra a chegada do cinematógrafo ao país. Só dous anos antes, o aparello dos Irmáns Lumière faría a súa lendaria aparición pública en París e coa recente euforia ocasionada ao redor do mundo pola aparición do invento, moitos camarógrafos estranxeiros envorcáronse cos seus cámaras na procura de novas paisaxes por descubrir, desta forma coñécese que algúns incursionaron en territorio colombiano aquel ano onde se realizaron exhibicións inicialmente en Colón, que daquela pertencía a Colombia; de alí pasou a Barranquilla, logo a Bucaramanga para chegar máis tarde á capital Bogotá onde en agosto dese mesmo ano foi presentado en sociedade no Teatro Municipal, que estaba na carreira 8 e foi posteriormente demolido.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Fundación Patrimonio Fílmico Colombiano Fondo Mixto de Promoción Cinematográfica Proimágenes en Movimiento Cinemateca Distrital de Bogotá Festival de Cinema de Cartaxena Festival de Cinema de Bogotá