O Cented Academy Football School é un club de fútbol da cidade de Ourense. Recibe o seu nome da escola de formación deportiva Cented, fundada en 2014 por Manuel López Cerón. Na tempada 2025-26 compite no grupo II da Preferente Galicia.

Escudo e cores O escudo de Cented Academy FS constitúese por dous círculos concéntricos azuis, cunha parte central composta por unha cuncha branca sobre un fondo vermello. En horizontal, unha franxa amarela coas palabras "Escola Oficial de Técnicos Deportivos".

As cores da camisola son fundamentalmente granate con detalles brancos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Celta Academy Ourense CF UD Ourense Ligazóns externas centedacademy.com Páxina oficial.

Cented Categoría:Deporte en Ourense