A arceúcha de Wilson (Gallinago delicata) é unha pequena ave limícola. O nome do xénero, Gallinago, é unha palabra neolatina para unha arceúcha ou arcea, do latín gallina co sufixo -ago, 'que lembra unha galiña'. O nome específico delicata en latín significa 'delicada, refinada'. O seu nome común púxoselle en honra do ornitólogo americano Alexander Wilson.

Esta especie foi considerada unha subespecie da arceúcha das brañas (G. gallinago) ata 2003 cando se lle deu categoría de especie, aínda que non todas as autoridades recoñeceron isto de inmediato.Wilson's Snipe (Gallinago delicata) - BirdLife species factsheet A arceúcha de Wilson diferénciase da anterior especie en que ten un bordo posterior das ás máis estreito, e oito pares de plumas rectrices (da cola) en vez dos sete pares que son típicos da arceúcha das brañas.

Descrición

Os adultos teñen 23–28 cm de longo cunha envergadura de 39–45 cm. O seu peso vai de 79 a 147 g. Teñen patas curtas gris verdosas e un bico moi longo e recto escuro. O corpo ten manchas marróns na parte dorsal e é claro na ventral. Teñen unha banda escura a través dos ollos, con bandas claras por riba e por debaixo. As ás acaban en punta.

Reprodución e hábitos esquerda|miniatura|260px|Alimentación da arceúcha de Wilson. Reprodúcense en marismas, pantanos, tundra e pradeiras húmidas do Canadá e o norte dos Estados Unidos e a Península de Chukchi, Rusia. Son residentes durante todo o ano na costa do Pacífico dos Estados Unidos. A poboación do leste migra ao sur dos Estados Unidos, o Caribe e o norte de América do Sur. Pode ser que o cambio climático cause que estas aves se despracen ao seu territorio de reprodución antes e partan máis tarde do que o facían hai 100 anos. En Ohio por exemplo, o momento medio de migración era a finais de abril en 1906, mais agora a maioría da poboación local está presente xa nos terreos de reprodución nese mes.

Buscan alimento na lama mol, sondando ou recollendo co bico o alimento usando a vista e comendo insectos, miñocas e material vexetal. A súa plumaxe é unha boa camuflaxe, e adoitan ser tímidos e ocúltanse preto do vexetación do chan, liscando rapidamente só cando se alguén se lle aproxima moito. Saen voando facendo unha serie de zigzags aéreos para confundir os depredadores.

O macho realiza unha exhibición de "airear o gran" durante o cortexo, voando alto en círculos e despois facendo pequenos picados para producir un son distintivo. Foron observados facendo este voo durante o día e entrada a noite. O son que fan durante este voo é similar á chamada do moucho boreal. Nidifican nun lugar ben oculto no chan.

Poboación

As poboacións desta ave reducíronse a finais do século XIX debido á caza e á destrución do hábitat. Porén, esta ave segue sendo bastante común e a IUCN non a considera ameazada, aínda que as poboacións locais son sensibles á drenaxe e desecamento a grande escala das zonas húmidas.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Xeral Bezener, A. (2000). Birds of Ontario p. 149. Lone Pine Publishing, Edmonton.

Identificación Carey, Geoff and Urban Olsson (1995). Field identification of Common, Wilson's, Pintail and Swinhoe's Snipes. Birding World 8(5): 179–190. Leader, Paul (1999). Identification forum: Common Snipe and Wilson's Snipe Birding World 12(9): 371–4. Reid, Marin (2008). Identification of Wilson's and Common Snipe British Birds 101(4): 189–200.

Aparicións en Europa Bland, Bryan (1998). The Wilson's Snipe on the Isles of Scilly. Birding World 11(10): 382–5. Bland, Bryan (1999). The Wilson's Snipe on the Isles of Scilly revisited. Birding World 12(2): 56–61. Legrand, Vincent (2005). Identification of a Wilson's Snipe on Ouessant, Finistere. Birding World 18(11): 482–4. Lidster, James (2007). The Wilson's Snipe on the Isles of Scilly. Birding World 20(10):432-5. Millington, Richard (2008). The Wilson's Snipe on St Agnes, Isles of Scilly. Birding World 21(11): 467–9.

Ligazóns externas

Arceúcha de Wilson – Cornell Lab of Ornithology

Categoría:Escolopácidos Categoría:Aves de América do Norte Categoría:Animais descritos en 1825