miniatura|Plantación de azucre Acana José Plá Monge, nado en Ferrol en 1818 e finado en Cuba en 1887, foi un empresario e traficante de persoas escravizadas galego. Irmán de Ramón Plá Monge, foi propietario da plantación de azucre San Manuel. Traxectoria miniatura|Caldeiras do enxeño Flor de Cuba.

Enxeño "San Manuel" En 1828 José Plá Monge emigrou á Habana. En 1859 xunto cos socios Justo de San Miguel e Agustín Franganillo mercaron a facenda Santa Bárbara a sete quilómetros de Puerto Padre. Axiña unha dotación de escravos traídos desde Guinea comezaron a preparar a terra e a levantar os predios da fábrica de azucre San Manuel. Recibe este nome en honra á esposa de José Plá, Manuela Martínez Picabia. Contaba cunha dotación de 378 escravos africanos. Antonio Plá y Monge, o terceiro dos irmáns, traballaba de maioral. En 1879 constrúen sete quilómetros de camiños de ferro desde San Manuel até o peirao de Puerto Padre. A propia plantación de azucre contaba cunha rede de ferrocarril. Tiña un ramal de catro quilómetros para o sur e dous ramais de dous quilómetros para o leste e o noroeste.

Tráfico transatlántico de persoas escravizadas A base de datos Slave Vogayes recolle a chegada de diferentes barcos negreiros. O Pervana, propiedade de José Plá e José Fresneda do que se fan eco as autoridades británicas, desembarcou en Baía Honda 400 escravos africanos o 16 de abril de 1858. Foran embarcados 444 en África. Durante a travesía faleceron 44. O 8 de setembro dese mesmo ano o buque negreiro "Haidee" desembarcou 903 persoas escravizadas en Cárdenas. En Kilongo embarcaran 1145 homes, mulleres e nenos escravizados. A travesía durou 51 días. Faleceron 242 cativos africanos. miniatura|Buques negreiros "Peruana" e "Haidee", propiedade de José Plá Monge John Harris exemplifica o dominio cubano no negocio negreiro. Demostra que “as figuras máis poderosas no tráfico ilegal de escravos eran as que controlaban a zona de desembarco”. O especialista na escravitude nos EE.UU explica como os especuladores movían discretamente grandes cantidades de capital a gran distancia. Para iso debulla os investimentos no buque "Haidee". Foron seis os investidores: Julián Zulueta (Cuba) 8.000 $; José Plá (Cuba) 4.000 $; Lima Viana (Nova York) 5.000 $ Joaquim Miranda (Nova York) 5.000 $; Antonio Augusto Botelho (Nova York) 2.500 $ e I. Abranches & Almeida (Nova York) 2.500 $.

O 18 de decembro de 1860 chegou outro buque propiedade de José Plá e Agustín Franganillo con bandeira dos EUA, que embarcara 637 escravos en Cabinda (Angola) dos que chegaron con vida a Puerto Padre 550. Outro buque con bandeira dos EUA propiedade de José Plá e Manuel Calvo embarcara 1047 escravos en África, mais o 14 de marzo de 1861 chegaron só 800 a Puerto Padre. Piqueras considera que José Plá escolleu Puerto Padre por ser un lugar afastado e con acceso ao mar e así poder aproveitalo no comercio de escravos.

En 1861 o gobernador capitán xeral de Cuba incoa un expediente gobernativo formado como consecuencia dun desembarco de "negros bozales" en Puerto Padre, xurisdición de Holguín. O xuíz ordenou a detención do socio de José Plá, Agustín Franganillo, por tal motivo. O 18 de decembro de 1860 un buque con bandeira estadounidense transportaba 550 escravos e encalla nas augas das Illas Bahamas. Despois mandáronos desde Nassau, capital das Bahamas, a unha illa chamada Cayo Lobos, en fronte de Porto Rico, a máis de 1400 quilómetros. Desde alí foron transportados a Cuba polo bergantín español Antilla, propiedade de Plá, Franganillo e Cía.

Outros negocios Sen abandonar a súa fonte principal de ingresos, Plá diversifica os seus negocios. En 1857 o Diario de la Marina amplía capital. Novos accionistas entre os facendeiros e comerciantes máis ricos da época ven nel un voceiro dos seus intereses e das propostas máis integristas. Xunto a José Plá están Salvador Samá, Julián Zulueta, Agustín Franganillo, Rodríguez Torices, Rafael de Toca, Andrés Isasi e Dionisio Alcalá Galiano. O Diario de la Marina foi comprado por 80.000 pesos. Tamén figura como fundador de La Positiva.

Notas

Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1818 Categoría:Finados en 1887 Categoría:Escravitude Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Galegos de Cuba